Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
O TRASNO

O neto de Sarah

Teño que confesar que eu era dos que estaba convencido que ao final, visto o que pasou nas anteriores, sairía McCain, o republicano. Pero saíu o negro, o demócrata.

Fálase dunha nova era e iso ponme en garda. Non creo que o cambio do líder no imperio marque unha nova era. Tampouco quero que os cambios de era se fagan de arriba a abaixo, por máis que, neste caso, o trunfo de Barack Obama teña moito de rebelión da xente común, dos normalmente excluídos, das minorías, da sensatez antibelicista, dos derrotados da era do superheroe Bush, rei do petróleo e da tortura. 

Daniel López Muñoz - 19:31 07/11/2008
Tags:

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.Na vitoria de Obama, vexo, en troques, unha pequena vitoria de África. A primeira media vitoria en moitos anos e, ademais, unha vitoria que ten un aquel de educativo para moito africano e afroamericano común e para moito líder de medio pelo. O éxito do senador Obama éo tamén para os que comparten a súa etiqueta racial, pero ten unha mensaxe clara en contra do vitimismo. O cambio de era podería ter que ver con iso máis ben: acabouse o chorar e pedir, alegando un pasado de espolio e abuso, por máis que o pasado sexa certo. Os negros, como os xitanos, os amarelos ou os violetas, poden. E, xa que logo, deben. Por suposto que cómpre remover os atrancos, compensar os déficits, cooperar e investir a favor deles, pero, para chegar, eles “deben”. O paternalismo é tan malo, paralizante e estéril, como o vitimismo.
 
Hai outros elementos salientables no cambio que se produce nos Estados Unidos. Coido que estamos pasando páxina do tremendo integrismo de dereita, branco, evanxélico-calvinista, tan amigo da razón militar e da invocación a Deus para aniquilar ás persoas. Disque as profundas convicións relixiosas de Obama non lle impiden, senón ao contrario, ter criterios progresistas no ético e no social. Xa non estabamos afeitos a semellante evidencia. As tebras da época Bush envileceron moitas cousas, entre elas, o feito de ter convicións relixiosas.     Ou sexa que benvido mil veces o cambio, pero con moderación de ánimo, pera evitar desencantos absurdos. Dun presidente imperial non hai que agardar que o faga ben. O poder é demasiado absoluto para iso. Pero chega ben con agardar que non faga cafradas. E se ademais dá no cravo, mellor que mellor.  
 


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: