O fillo do presidente do Celta finou nun accidente de aviación. Canda el viaxaban outras sete persoas.
O ministro mexicano de Gobernación, o galego Juan Camilo Mouriño, finou este mércores. Fontes oficiais confirmaron que un avión no que viaxaba, canda outros sete tripulantes, se estrelou cando viaxaba dende San Luis de Potosí até Ciudad de México.
Mouriño de 37 anos de idade é fillo do presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño. A familia, de procedencia ourensá, emigrou a México, estado de Campeche. Naquel país fixeron unha gran fortuna en negocios petroleiros e inmobiliarios.