Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
A XIRA CONTINUARÁ POR RUSIA

Ministro de Exteriores venezuelano en Irán

O ministro do Poder Popular para as Relacións Exteriores, Nicolás Maduro, mantivo onte domingo, durante mais de unha hora, una xuntanza de traballo co presidente da República Islámica do Irán, Mahmoud Ahmadinejah, onde pasaran revista a situación política, social, económica e cultural do mundo.

Xurxo Martínez Crespo - 18:35 06/10/2008

Entre os temas abordados estaba a crise financeira que se tem desatado a raiz da quebra das grandes entidades financeiras dos Estados Unidos. 

"Venezuela tem tomado as previsións e as tem activado com antelación para que situacións como as que vemos hoxe no mundo a nível económico teñan o menor impacto sobre o país", precisou o ministro venezuelano.

Maduro resaltou que "a importancia do desenvolvimento político na América Latina se vem consolidando, os países están tomando un rol histórico baseado na necesidade de aprofundalos baixo os lazos da amizade estratéxica, que procuram arraigar os conceitos de complementaridade e solidariedade em beneficio dos pobos", ressaltou.

Estas fortalezas revelam actualmente a uma América Latina, mais independente e soberana, debido ao fortalecimento de um bloco de desenvolvimento, onde interveñen outros países da área, continuou o ministro Maduro.

O presidente Ahmadinejah coincidiu com o ministro Maduro, ao cualificar o encontro como "moi positivo" nos mesmos se repasaram os convenios estratéxicos e os benefícios en común que obtendrán os dous países. Ratificaram a súa posición antiimperialista e expresaram a necesidade do fortalecimento da Cooperación Sul-Sul.


3/5 (2 votos)