Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SITUADA EN LUGO

Medio Ambiente destinará 200 mil euros á creación dunha escola de pesca

A escola será froito da colaboración entre o concello e a consellería, que aportará dúas anualidades de 100 mil euros repartidas entre 2008 e 2009.

Redacción - 08:00 03/10/2008
Medio Ambiente busca relanzar a pesca deportiva con esta medida

Medio Ambiente busca relanzar a pesca deportiva con esta medida

O Consello da Xunta autorizou este xoves un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Lugo para a creación dunha escola de pesca na cidade. A consellería encargarase do acondicionamento do local, situado na estrada de Ombreiro. O concello, pola súa parte, tomará conta das obras necesarias para adecuar un estanque que sirva para realizar nel as prácticas formativas.

A consellería que dirixe Manuel Vázquez Fernández destinará á escola de pesca lucense dous pagos anuais de 100 mil euros, a realizar entre este ano e o 2009.

A finalidade principal da escola é fomentar a práctica da pesca deportiva, que rexistrou poucas incorporacións nos últimos anos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: