Óscar González, subcampión estatal, parte como gran favorito na categoría masculina de cadetes. As probas dispútanse este domingo en Compostela.
Un dos participantes na edición do ano pasado antes da súa saída
O polígono do Tambre de Santiago de Compostela acolle este domingo dende as 11.00 horas o campionato galego de contrarreloxo en tres categorías femininas e unha masculina. As mulleres competiran en cadete, junior e elite, mentres que os mozos o farán só en cadetes. Nesta última proba, Óscar González, subcampión estatal, parte como gran favorito
O circuíto elixido ten unha lonxitude de 2,6 quilómetros e conta cunhas zonas máis técnicas, con rotondas e abundancia de curvas, mesturadas con outras máis físicas, como a dura subida final.