Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
actuando contra os delitos sexuais

Cataluña vai aplicar a castración química consentida aos violadores

A Generalitat ten transferidas as competencias de política penitenciaria dende 1984, polo que se adianta, así, á reforma do Código Penal español.

Redacción - 14:05 25/09/2008
O tratamento é farmacolóxico e reversíbel / Imaxe de pílulas tirada do Flickr de juanpo

O tratamento é farmacolóxico e reversíbel / Imaxe de pílulas tirada do Flickr de juanpo

A castración química é un tratamento farmacolóxico hormonal que inhibe o desexo sexual, ao minguar a produción de testosterona, e non é irreversíbel, xa que cando se deixen de tomar as pílulas, os seus efectos desaparecen. Isto é o que a Generalitat comezará a aplicar en Cataluña aos presos con delitos sexuais, como complemento ao tratamento psicolóxico que xa reciben.

Ademais de reversíbel, o tratamento será voluntario xa que, como dixo a conselleira de Xustiza catalá, Montserrat Tura, "sen o consentimento do reo non ten sentido".

Adiántase á reforma do Código Penal
Este tipo de tratamento nas prisións, adiántase á reforma do Código Penal español, xa que Cataluña ten transferidas as competencias de política penitenciaria dende 1984. Mais, segundo o anunciado polos Ministerios de Interior e Xustiza, o vindeiro Código ha incluír tamén tratamentos de inhibición do desexo sexual para os agresores sexuais que o soliciten, ademais de até 20 anos de liberdade vixiada para persoas con risco de incidencia.

A medida adoptada pola Generalitat para un "número reducido" de presos aínda non ten data para a súa entrada en vigor. A conselleira catalá Tura sinalou que as institucións penitenciarias están aínda analizando a idoneidade da súa aplicación a cada caso particular.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: