Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
DISPUTARÁ UNHA CARREIRA ENTRE OS DÍAS 20 E 25 DE XANEIRO

Armstrong volverá ao ciclismo en Australia

A organización da volta Down Ander xa confirmou ao sete veces campión do Tour de Francia entre os seus participantes.

Redacción - 17:28 24/09/2008
O ciclista americano ansía recuperar o trono que deixou fai tres anos

O ciclista americano ansía recuperar o trono que deixou fai tres anos

Mike Rann, membro do comité organizador da volta Down Under confirmou que o sete veces campión do Tour de Francia participará nesta rolda, que se comezará o vindeiro 20 de xaneiro no sur de Australia. O ciclista texano volverá á competición con 37 anos, e despois de pasar tres retirado.

O motivo principal desta volta ao ciclismo profesional é aumentar a mobilización a nivel mundial da loita contra o cancro, enfermidade que superou no ano 1997.

Correrá no Astana
Lance Armstrong confirmou aquelo que todos agardaban, nunha conferencia de prensa ofrecida o pasado mércores en Nova York. Astana será o equipo co que o texano leve polo mundo adiante a loita polo cancro, equipo no que volverá a estar dirixido polo belga Johan Bruyneel. Armstrong volverá a formar tándem co director que o guiou na época en que dominaba con autoridade o ciclismo mundial.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: