Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
MÚLTIPLES PROTESTAS DESDE O PAÍS ANDINO

Un árbitro arxentino usa o termo 'boliviano' para insultar a xogadores

A situación agravouse cando o presidente dun dos equipos se queixou de discriminación "por tratar os nosos xogadores de bolivianos".

Redacción - 11:55 24/09/2008
A polémica racial volve ao mundo do fútbol

A polémica racial volve ao mundo do fútbol

O altercado produciuse despois do partido do torneo de apertura da liga que disputaban Gimnasia y Esgrima de Jujuy e Argentinos Júniors. Durante o mesmo o árbitro Saúl Laverni chamou "bolivianos" aos xogadores de Ximnasia cando estes se dirixían a el para protestar por decisións puntuais do xogo. O incidente non quedou aí, e despois do partido o presidente de Ximnasia, Raúl Ulloa, chamou ao árbitro "discriminador por tratar os nosos xogadores de bolivianos".

As reaccións non se fixeron esperar, tanto en Arxentina como no país andino. Así, o cónsul de Bolivia en Arxentina afirmou que se trata de "unha manifestación inequívoca de racismo, xenofobia e desprezo cara o boliviano", mentres que desde a Federación Boliviana de Fútbol anunciaron que van "reclamar para que se apliquen sancións por desagravio aos bolivianos".

Laverni non arbitrará na próxima xornada

A AFA (Asociación de Fútbol Arxentino) non tardou en tomar a primeira medida, e o colexiado Laverni non está incluído entre os 10 que arbitrarán os partidos da vindeira xornada do torneo de apertura da liga.

Pola súa parte Ulloa expresou o seu arrepentimento e acatou con resignación as posíbeis sancións que puidera sufrir nos próximos días. Ademais, manifestou a súa vontade de abandonar a presidencia do club, que pasaría a ser dirixido polo vicepresidente primeiro Marcelo Cuéllar.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: