A BP e Cepsa baixaron oito céntimos o litro de gasóleo e catro o de gasolina.
O debate sobre os prezos dos combustíbeis en Portugal ocupa portadas nos principais xornais. A asociación de consumidores Deco pediulle a todos os condutores lusos que non acudisen o sábado a abastecer os seus automóbeis. O colectivo acusa ás empresas de non reflectir nos prezos o descenso do valor do barril de petróleo.
A presión dos usuarios semella estar a facer efecto. A BP e Cepsa fixeron nas últimas horas a maior reducción de prezos dende que se liberalizou o mercado hai catro anos. A BP baixou o litro de gasóleo baixou catro céntimos (1,258) e o da gasolina sen chumbo 95 oito céntimos, quedando o litro en 1,398. Cepsa fixo reducións semellantes e deixou marcado a gsalina a 1,392 e o gasóleo a 1,257.
Porén, as organizacións de consumidores consideran que as empresas aínda teñen marxe de manobra para baixar máis os prezos.
Poden ampliar aquí:
Público: Sábado sen abastecer para lutar contra preços elevados dos combustíveis
Jornal de Noticias: Descida sen precedentes no preço dos combustíveis
¡Ah carallo! Mira como a presión dos cidadáns conseguiu o que conseguiu. ¡E logo! Moi ben polos portugueses. Si, señor. Collérona co combustible, fóronlle ao peto a quen hai que ir, e ¡zumba! unha reacción, peqiena pero reacción. Claro que como se durman vólvenllos subir tirando ostias. Así que, amigos portugas, ¡atención!
Eiqui estamos apapostiados. Non temos arranxo.Tragamos o que nos poñan por diante. ¡¡¡ollo!!!
1,392 e o gasóleo a 1,257. Vaia atraco! Aquí están gasolina e gasóleo por debaixo de 1,15.
O imposto sobre os produtos petrolíferos em Portugal é superior ao de estado espanhol, apesar disso, continua a haver especulação por parte das empresas petrolíferas em Portugal, aliás como no estado.
Abenzoada suba dos carburantes:
-Desde esta suba os coches andan mais a modo
-Vese unha redución manifesta de coches nas estradas
-A xente utiliza mais o transporte público. TODO SON VANTAXES.
Espero q non baixen nunca, e incluso aumente o seu prezo na mesma medida do mal q os combustéis fóseis fan ao medio.
De quitado, estou a favor da subvención do carburante para a agricultura e sectores afíns.
Por outra banda, kixera aclarar q a suposta "liberalización,, é un engano manifesto, o único q se liberalizou foi a distribución polo miúdo. O monopolio seguen téndoo as empresas estatais, semi-estatais ou xa totalmente privativadas como a CLH (Central Logística de Hidrocarburos), q poñen o prezo base para todo o territorio.