Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NA CORUÑA ATÉ FINAL DE ANO

O ForumFolk amosa as novas tendencias na música galega de raíz

Haberá un concerto o último luns de cada mes no Fórum Metropolitano, coa presenza de Lizgairo, Lulavai e Sobre Rodas.

Redacción - 09:50 22/09/2008

O Forum Metropolitano da Coruña acollerá no último trimestre do ano o ciclo de música Forumfolk, dedicado a presentar novas propostas do folk galego e da música tradicional co propósito de dar a coñecer novas tendencias dentro das creacións ligadas á tradición. Todos os concertos, que terán lugar o cuarto luns de cada mes, terán prezos populares, con entradas a cinco euros. A Concellaría de Cultura quere ofrecer no futuro actividades paralelas como mesas de debate, proxeccións, exposicións ou clases maxistrais. O obxectivo é afianzar o ciclo como un mecanismo de apoio ao folk é á música tradicional galega.

O primeiro concerto terá lugar o 22 de setembro, coa presenza de Lizgairo, a formación de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz, que aúna a tradición oral con tres instrumentos pouco usuais, como a arpa, a zanfona e o bouzouqui. O 27 de outubro será a quenda de Lulavai, un cuarteto feminino que combina o son de catro voces e catro arpas, formado por Josefa Fernández Osorio, Paula Oanes Pazos, Elena Paz Alonso e Lorena Reinaldo Lusquiños.

O 24 de novembro a zanfona será a protagonista, co espectáculo de Luis Caruncho e Carlos Doviso Sobre Rodas, que combinan a variedad de timbres de dúas zanfonas. O derradeiro concerto do ciclo de música folk celebrarase o vindeiro día 22 de decembro. En colaboración coas distintas asociacións de música tradicional da cidade, Forumfolk organizará un concerto aberto para todos os públicos. O obxectivo é que os colectivos de música tradicional canten os vilancicos máis populares.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: