Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
26, 27 E 28 DE SETEMBRO EN BOTICAS, PORTUGAL

Que veñan os romanos!

Exposición sobre os guerreiros castrexos nunha pequena vila do Monte Barroso.

Redacción - 10:02 21/09/2008
Cartaz da exposición

Cartaz da exposición

A vila portuguesa de Boticas volve 200 anos atrás no tempo coa exposición "Guerreiros castrejos: Deuses e heróis nas alturas do Barroso". Este é o tempo que transcorreu desde que un grupo de arqueólogos atopara dúas enormes figuras de granito que serían levadas a Lisboa para formar parte do Museo Nacional de Arqueología portugués. Moito despois, a mediados do século XX apareceron dous novos guerreiros completando o grupo de catro que no tempo das invasións romanas foran usados para disuadir aos lexionarios de atacar a poboación situada no que hoxe é o Outeiro de Leseño.

Unha fermosa historia a deste xigantesco guerreiro de granito que volverá vixiar o Monte Barroso como fixera hai centos de anos, aínda que agora os romanos mudarán por visitantes, arqueólogos e veciños dunha vila moi diferente á que abandonou a comezos do século XVIII.

A exposición está organizada polo concello de Botica en colaboración co Museu Nacional de Arqueología e ca axuda de universidades de Galiza e Portugal, como as de Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho, Porto, Compostela ou Coruña.

Alén da volta do guerreiro castrexo á casa, a mostra pretende ofrecer unha visión antropolóxica dos guerreiros galaico-lusitanos e do significado que a propia guerra tiña na sociedade da época.

De Portugal e Galiza chegarán outras pezas de gran valor, entre as que destacan os "guerreiros sentados" chegados desde o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete