Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A CORUÑA, FERROL, LUGO, OURENSE E VIGO

PhotoGalicia: Cinco exposicións para cinco cidades

A segunda edición do programa trae a Galiza as obras de W. Eugene Smith, Gabriele Basilico, Javier Vallhonrat e a galega Victoria Diehl.

Redacción - 12:00 18/09/2008

As sedes da Fundación Caixa Galicia de Vigo, Lugo, A Coruña e Ferrol e o Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerán dende o 24 de setembro e até o vindeiro mes de febreiro cinco exposicións que traen a Galiza a algúns dos fotógrafos máis sobranceiros das últimas décadas e da actualidade. É a segunda edición de PhotoGalicia, que xa o pasado ano ofreceu as obras de Alberto García Alix, Sylvia Plachy, Sebastião Salgado, Man Ray e Manuel Vázquez, na primeira ocasión en que PhotoEspaña saía de Madrid.

A primeira exposición en abrir as súas portas será a da nova fotógrafa galega Victoria Diehl, chamada 'Frías, fráxiles, durmintes', nas que a artista conxuga as novas técnicas dixitais coa revisión da escultura clásica. En Lugo, a partir do 1 de outubro poderase ver o traballo do prestixioso fotógrafo italiano Gabriele Basilico, que en 'Intercity' amosa unha síntese da súa actividade dos útimos sete anos, centrada na paisaxe urbana, nomeadamente na de Moscova.

Na Coruña, o 2 de outubro abrirá as súas portas a exposición dedicada a W. Eugene Smith, con máis de 200 fotografías caracterizdas pola súa intensidade na mostra 'Máis real cá realidade'. Pola súa banda, o Centro Cultural da Deputación de Ourense recollerá a partir do 3 de outubro 31 imaxes de formato panorámico nas que Javier Vallhonrat busca expresar a dimensión dramática da natureza.

Finalmente, en Ferrol, a exposición 'Neorrealismo. A nova imaxe en Italia, 1932-1960', aberta dende o 3 de outubro ao 5 de xaneiro, exhibirá máis de 250 materiais, fotografías, publicacións e filmes.


  • 5 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Gabriele Basilico, Beirut, 2003
Gabriele Basilico, Beirut, 2003
Victoria Diehl, Sen Título, 2007
Victoria Diehl, Sen Título, 2007
Mario de Biasi, Os italianos xiran, 1954
Mario de Biasi, Os italianos xiran, 1954
W. Eugene Smith, Garda Civil, 1950
W. Eugene Smith, Garda Civil, 1950