A "rota do contrabando" percorre os camiños máis utilizados nos anos 50 e 60 para fuxir das autoridades.
Cincuenta anos despois, ataviados con mochilas no canto de sacos cheos de bacallao ou aceite e sen o constante perigo das forzas policiais axexando, os camiñantes partiron esta segunda feira en Tourém (Montealegre). O obxectivo é percorrer a chamada "rota do contrabando", é dicir, os camiños polos que circulaba o estraperlo nos tempos da fame da ditadura de Salazar. Recreouse así esta senda duns doce quilómetros co propósito de recuperar unha parte importante da historia deste territorio.
O antigo trazado polo que corrían os contrabandistas para fuxir das autoridades recibiu así a uns camiñantes que quixeron saber da súa historia. A Junta de Tourém, organizadora deste evento, pretendeu unha reprodución fiel á realidade que se vivía nesta mesma zona nos tempos do contrabando. Así, os participantes tiveron que facer fronte ás dificultades ás que tamén se tiñan que someter os fuxidos, unha delas a propia presenza das autoridades. O percorrido saíu de Tourém para rematar en Couto Misto, uns lugares nos que neste tempo unha alta porcentaxe da súa poboación dependía do contrabando. Segundo explican os vellos, levaban de Galiza bacallao, aceite ou plátanos e volvían a Portugal con café e volframio.
Aquí deixamos uns vídeos para achegarse á Rota do Contrabando.