O prazo para votar finaliza a medianoite do mércores para o xoves. O xoves 14 anunciaremos o gañador.
O tempo remata. Quedan menos de dous días para pechar as votacións do público, e parece que o premio é cousa de tres. Roger de Flor e SkandaloGZ levan días pelexando pola primeira praza, con diferencias moi pequenas que nunca superaron os douscentos votos. Un pouco máis atrás, a Banda Potemkin, que foi o grupo que obtivo máis votos na primeira fase, aínda mantén as súas opcións, aínda que xa se atopa a uns seiscentos votos do líder.
Os demais seguen sumando apoios, igualmente, sobre todo Trapos sucios, rozando os novecentos votos, ou Sínefres e Medomedá, que xa superaron amplamente os cincocentos. Porén, fican xa moi lonxe das cifras das tres cancións que encabezan as votacións e terían que pegar un chimpo espectacular nestes dous días para ter algunha opción.
Aínda se pode votar até a medianoite do mércores para o xoves. O xoves pola mañá, sumados os últimos votos das chamadas á Radio Galega e os votos por SMS, anunciaremos a canción gañadora do premio do público. Os restantes temas finalistas terán aínda o premio do xurado, que é ademais o que lles permitirá representar a Galiza no Festival Liet Lavtut. A decisión final do xurado anunciarase o sábado ao mediodía, en Vieiros e no Extrarradio da Radio Galega. Será a fin de semana do A Polo Ghit na fin de semana máis festeira do verán galego.
porqué é cousa de tres?...sobra tempo para que calqueira dos grupos manipule as votacións e gañe. Eu mesmo podo facer que gañe quen eu queira...pero a estas alturas iso xa o sabemos todos, e que cada un asuma os seus actos.
eu penso que o gañador tiña que elixirse entre por o - os 6 primeiros
propoño que votemos todos a skándaloGZ, o mellor vot de castigo posible para esta PESIMA organización!!!
sirven pra algo os votos telefonicos?
os skandalos? pois polo ben que soan jajajaja.Menudos ciberworkingclass jajajaja malotes.A verdade que poden estar contentos os da organización.Agora entendo porque os grupos importantes de Galiza non xogan a esto.Ah perdón que os Trapos eses están entre os 3 mellores grupos do país (xa lles chaman os pignoises galegos jajajjaajajja).A ver se polo menos é un dos grupos decentes que quedan os que nos representan na Laponia.GZ LIVRE OI!
e quen pensades que debe ir a Laponia?
red, escoitaches algunha vez os trapos sucios? non digo a canción do apolo ghit, que foi feita a machada, refirome a calquera outra, bueno, non me contestes, xa me dei conta de que non, pq para comparalos con quen os comparas está claro ou que non diferencias o rock do pop, e non fai falla que lle chamen nada que xa teñen nome, son os trapos sucios, e son moi bós, mellores cos pignoise eses, ahí queda eso
Penso que teñen que ir skándaloGZ, e o motivo principal é imaxianr a cara que poria a Ánxela Bugallo en Laponia en canto escoitara os dous primeiros acordes de guitarra da canción (tan ben tocadiños, con ese son tan exquisito) bailemos un vaaals!! jajajajaja
ja,ja,ja kaskada...oe, razón non che falta...pero,en serio, a quen mandarías dos 82 que se presentaron?.
Pois tampouco me importaría ver a cara da Bugallo con estoutro bonito tema que di: Fiquei namorada de Antón Losada...
ja,ja,ja kaskada...como es!!!
mira.. levo eu dicindo o de Skandalo GZ practicamente todo o concurso e agora vai kaskada e di o mesmo.. a grabación se é pataqueira, non quere dicir que o grupo sexa pataqueiro, ou non vos acordades do iogurt de fresa do markinhos? anda que sodes...
A gravación do iogurt de fresa era en directo. A de SKGZ non, ou sexa, que fixeron 2, 5 ou 30 tomas distintas da guitarra e escolleron...a mellor... :D
é verdade, en directo e sen que el soubera que o estaban gravando...
votemos a los trapos sucios darles un poko d cnfianza q ia vereis cmo no defraudan...xD BUENO nada mas que eles dan mucho juego en el escenario...yo no digo mas....son muy buenos tanto ellos como skandaloGZ pero los conciertos de trapos sucios no los olvidaiss!!! bsotes!!^^
que pasa? o premio do publico varia segun gañe un ou outro.....se pode saber por q é un misterio?
se cadra esta vez tamén haberá empate técnico....ou non?
é certo...que gañe medomedá...RECOÑECEMENTO A MARKINHOS XA!!!
ou projecto mourente...RECOÑECEMENTO A PROJECTO MOURENTE XA!!! tamén.
os meus parabens a Vieiros e a RG por abrir esta xanela de expresión artística e deixarnos colgar as nosas cancións, mellores ou peores, máis cutres ou máis elaboradas, mellor gravadas ou gravadas a machada... falaba alguén de que isto é como o cu, cada un temos un, pois iso, se pretendemos que o noso cu lle guste ós demáis tamén debemos entender e respetar que ó mellor o noso cu non é tan bonito como nos pensábamos, e non lle gusta a naide, no peor dos casos. Da o mesmo. Isto non lle vai cambia-la vida a naide e menos se van a forrar, temos xa dos exemplos claros das anteriores edicións. So é iso, unha xanela que ata fai tres anos estivo pechada, un escaparate para coñecer o que fai a xente, xente pola que de non ser a través do Apologhit ó mellor non se atrevería a facer e gravar un tema, e da cal non saberíamos xamáis nada dela, e perdernos a Estomballada, a do forfiesta... Xa está. Os meus parabéns a tódolos grupos participantes de todas as edicións. E o dos premios é como unha lotería, non lle pode tocar a todos. Este ano hai dous premiados e todos os demáis quedaremos coas ganas. Que o proceso pode ser mellorable? vale, pero a día de hoxe é o que hai. Supoño que os organizadores admitirán suxerencias ao respecto e aínda así non choverá a gusto de todos. Saúdos a tod@s.
Sábado, 23 de agosto: macrofesta no festival X Fin do camiño (Anchoa, Fisterra), con A Cruz de Abaixar, Fiandola, Os Veraneantes, Os Cuchufellos e Ulträqäns. Boa música para disfrutar do peche do verán. E o domingo, 24, en O Incio (Lugo) o Terra Brava, con A Turre´s Band, Os Tres Trebóns e Os Homes sen medo e Ulträqäns. Saúde, compañier@s e parabéns ós gañadores do Apologhit 2008.