Sumando os puntos, o campionato foi para Andalucía, mais Galiza quedou segunda, con 2.265.
Cartaz da proba
Andalucía, en categoría masculina, e Galiza na feminina, gañaron o Estatal de Triatlón por Autonomías, que se desenvolveu este domingo en Badajoz (Estremadura). Os mozos galegos clasificáronse por detrás de Andalucía, e os seus puntos, sumados cos das mozas, só chegaron para quedar segundos na clasificación xeral por seleccións. Finalmente, a primeira clasificada foi Andalucía.
Entre os mozos galegos destacou a actuación de Antón Ruanova (5º), cun tempo de 55:30. Entre os 20 primeiros fóronse colocando outros tres galegos: Jesús Gomar (13º), Uxío Abuín (14º) e Adrián Vázquez (19º).
De entre as mozas da selección galega destacou Pilar Hidalgo (2ª). Tamén conseguiron completar o percorrido Saleta Castro (8ª), Sara Velo (22ª), Melina Alonso (23ª), Agnes Eppers (34ª) e Nerea Castro (66ª).