Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NA VILA DOS MEDIOS

As conexións á internet durante os Xogos Olímpicos, carísimas

Un técnico que está a traballar en Beixín informa de cotas mensuais de entre 720 e 1.100 euros nas residencias dos reporteiros.

Redacción - 11:30 28/07/2008

Un informático anónimo desprazado a Beixín co gallo das Olimpíadas denuncia que na Vila dos Medios, onde vivirán os xornalistas durante os xogos, non haberá conexións de balde á internet. É máis, os accesos vía ADSL teñen uns prezos escandalosos.

Segundo informa en Slashdot, o prezo que cobra ao mes o comité organizador (BOCOG) é de 720 euros ao mes por unha conexión simétrica de 512 kbps, sobe a 855 euros para 1 mega de baixada e achégase aos 1.100 para 2 megas. Se se quere dispoñer de extras, como IP fixa, hai que pagar 42 euros a maiores. O afectado xa a chama "A Gran Devasa Chinesa". É unha advertencia para os reporteiros que teñan que cubrir o grande evento deportivo.


2/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: