Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao tempo que critica a cita "á bulgara" do PSdeG

Feijoo deixa para a volta dos próximos comicios o congreso da reelección

O presidente do PPdeG convida a militancia do partido a decidir sobre a súa continuidade en función dos resultados electorais.

Redacción - 09:00 28/07/2008

Cos resortes do partido en Galiza practicamente controlados, agás a sempre inestábel baronía ourensá onde o fervor baltarista agora mesmo proclámase entregado á causa de Feijoo, a dirección actual do partido decidiu adiar un congreso que de momento consideran innecesario. Deste xeito, a xunta directiva do PPdeG aprobou por unanimidade a proposta do presidente do partido, Alberto Núñez Feijoo, de que o congreso se celebre despois das próximas eleccións, que con probabilidade serán no mes de marzo de 2009.

Segundo a xunta directiva, trataríase dun "acto de responsabilidade e transparencia ante a militancia". Feijoo apuntou ao respecto que se trata de "non xogar con vantaxe diante da convocatoria electoral e para que os militantes poidan elixir o seu novo equipo directivo cos resultados electorais coñecidos".

Por outra parte, o secretario xeral do PpdeG, Afonso Rueda, aproveitou para facer comparativa co congreso do PsdeG celebrado esta fin de semana, un encontro onde segundo Rueda, Touriño saiu elixido "á búlgara" e "pola única razón de que Xosé Blanco, que é quen manda no partido en Galiza, non se presenta". "Precisan reforzar un liderado que, lonxe de consolidarse durante estes tres anos de Goberno, é aínda máis débil polo balance de decepción do bipartito", analizou Rueda, "Touriño non ilusiona a ninguén e sae elixido porque estando no Goberno aos membros do PSOE non lles queda outro remedio".


3/5 (2 votos)


Comentarios (2)

Carl #1 28/Xullo/2008 Carl
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o baremo é a mesma actitude cos seus resultados que Mariano? e por saber...

Gaias #2 28/Xullo/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este tio pareceme do peor que tivemos en Galiza en politica en moitos anos. Prefiro mil Fragas antes que un Feijoooooo.
E un home falso, ridiculo,que un dia esta cos de GB contra o galego, e outro definese coma "galeguista" por interese electoral. Un individuo que un dia apoia o decreto do ensino en galego, e o dia seguinte criticao, o mesmo co estatuto galego,etc.
Veselle que lle vale todo con tal de chegar o poder. Que non ten autonomia no seu partido. Con un home coma este Galiza perde, e non so economicamente.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete