Venezuela e Portugal subscribiron cinco convenios bilaterais
Os gobernos das repúblicas Bolivariana de Venezuela e Portuguesa subscribiron cinco convenios bilaterais en áreas que abranguen a tecnoloxía, infraestrutura e saúde.
Os gobernos das repúblicas Bolivariana de Venezuela e portuguesa subscribiron onte mércores dous memoranda de entendemento e tres contratos de execución para a construción de interese social en Venezuela, a remodelación e ampliación do porto de La Guaira e a construción dun encoro na erxión de Lara.
Acordouse a venda de medicamentos por parte de Portugal a Venezuela e finalmente para a adquisición de ordenadores para nenos e para o servizo postal na área de informática.
Na xuntanza o presidente venezuelano expresou a súa satisfacción por estar de novo en Lisboa e cualificou ao pobo portugués como un poboo irmán e moi querido polos venezuelanos e venezuelanas, cómpre advertir que a comunidade portuhuesa na Venezuela, maioritariamente da illa de Madeira, pode superar as 600.000 persoas.
"Estou á procura de aliados a prol da paz. Sócrates é un aliado a prol da paz, un aliado a prol da integración, do desenvolvemento de Venezuela, das relacións con Portugal e con Europa (...) o que estamos facendo é colocar as relacións económicas e políticas no nivel que merecen os nosos pobos", declarou o presidente venezuelano.
Considerou que ambos países saldan unha débeda histórica mediante o afortalamento das súas relacións por considerar que tendo tantos afectos en común, os vencellos comerciais e políticos eran practicamente inexistentes.
Acompañaron ao Presidente da República Bolivariana de Venezuela, os ministros do poder popular para as Telecomunicacións, Socorro Hernández; Saúde, Jesús Mantilla; e para a Vivenda e Hábitat, Farruco Sesto Novás.
Acordos subscritos
O primeiro memorando de entendemento foi asinado entre o Ministerio do Poder Popular para as Telecomunicacións e Informática de Venezuela e o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións da República portuguesa, co obxectivo de fomentar a cooperación no sector das telecomunicacións, informática e servizos de correo no ámbito da competencia de ambas as partes mediante o desenvolvemento de iniciativas de intercambio de experiencias.
O segundo, trátase dun memorando de entendemento entre o Ministerio do Poder Popular para a Vivenda e Hábitat de Venezuela e o Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal para a construción de vivendas en territorio venezuelano, que prevé a posibilidade de instalar en Venezuela unha planta de elementos prefabricados para a construción de vivendas cun programa de asistencia técnica, transferencia tecnolóxica, formación de man de obra e certificación dos equipamentos.
Asinouse ademais, un contrato de execución de obra entre Puertos de Litoral Central e o consorcio formado por Teixeira Duarte Engenharia e Construçoes, Mota Engil Engenharia e Construçoes, Lena Engenharia e Construçoes e Edifer Constrçoes Pires Coelho e Fernandes, a que ten como propósito executar o proxecto de ampliación e modernización do Porto de La Guaira.
O segundo contrato baséase nunha execución de obra entre o Ministerio do Poder Popular para o Medio Ambiente e a empresa Teixeira Duarte EngenharIa e Construçoes para construír a represa Dos Bocas e obras hidráulicas, o aproveitamento das concas dos Cerritos, Yacambú e Dúas Bocas para a subministración de auga potable ás cidades de Barquisimeto e Acarigua-Araure e para o control de inundacións.
Finalmente, asinouse un contrato de subministración de medicamentos á rede asistencial de Venezuela co cal darase cumprimento á carta de intencións asinada durante a visita do primeiro ministro José Sócrates ao noso país e que prevé a subministración de medicamentos por parte de 6 laboratorios portugueses, por un total de 20 millóns de euros.