O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez Frías, parte este domingo nunha viaxe de cinco días que o levará ás nacións de Rusia, Bielorrusia, Portugal e España, co fin de fortalecer a relacións da nación venezolana coas nacións europeas e asiáticas.
Así o informou o presidente venezuelano durante a transmisión do seu programa dominical Aló, presidente, onde destacou que estas visitas aos países europeos e asiáticos buscan potenciar a Venezuela en diversas áreas de desenvolvemento tecnolóxico, militar, científico e enerxético.
Así mesmo, manifestou o seu desexo de acudir unha invitación que lle fixo o rei dos españois Juan Carlos I.
O presidente venezuelano reunirase co presidente ruso, Dimitri Medvénev, así como co seu primeiro vicepresidente, Vladimir Putin, con quen abordará os temas en cooperación e venda de equipamentos militares, e a conformación dun fondo de investimentos binacional proposto durante a súa última visita.
Despois irá a Bielorrusia onde se reunirá co seu presidente Aleksander Lukashenko para tratar diversos temas, entre os que destaca o proxecto de gasificación para as comunidades de Venezuela.
A seguinte visita será a Portugal para avaliar os temas relacionados ao envío de petróleo por parte de Venezuela, máis de 30.000 barrís diarios, e a cooperación nas áreas de vivenda e alimento, que ambos estados desenvolven.
Para rematar, arribará a territorio español onde se reunirá co presidente de Goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, para avaliar diversos temas das relacións bilaterais como os investimentos españois no país caribeño e a gran cantidade de compras en buques de guerra e avións que está realizando Venezuela no Estado español.