Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO PRESIDENTE VENEZUELANO

"Hai que denunciar a tiranía mediática mundial"

Realizar unha denuncia contundente da tiranía mediática que existe no mundo, foi o chamado que formulou o presidente Hugo Chávez, este xoves, durante a instalación da VII Conferencia de Ministros de Información do Movemento de Países Non Aliñados (Cominac) que comezou na illa Margarita en Venezuela.

Xurxo Martínez Crespo - 10:13 04/07/2008

O xefe de estado venezuelano dixo que esta xuntanza, con máis de 76 delegacións de países do Movemento dos Non Aliñados (Mnoal), representa unha verdadeira busca da democracia na información.

"Hai que denunciar a tiranía dos imperios (…), hai que denunciar a tiranía mediática mundial", dixo o presidente venezuelano ao soster que "deben sinalarse os aldraxes con nomes e apelidos exactos, aínda que ás veces sabemos custa caro, pero moito máis caro sería a morte da esperanza no mundo, a desaparición da especie humana, do home, da humanidade".

Momentos antes o ministro de Relacións Exteriores cubano cubano, Felipe Pérez Roque, como representante da secretaría Xeral do Mnoal presentou un informe no que resaltou a importancia da discusión sobre a orde comunicativa mundial que se trata de impoñer desde as grandes potencias.

Deixou sentada a importancia da multilateralidade democrática en materia informativa e avogou porque o Mnoal sexa un organismo que promova o acceso ás tecnoloxías. Falou sobre o uso das telecomunicacións e a información contra os países para a espionaxe, catalogándolo como un arma perigosa, e manifestou preocupación polo uso da tecnoloxía para a proliferación das armas nucleares, mentres que os Non Aliñados traballan para o desarmamento e particularmente o desarmamento nuclear.

"O Movemento dos Non Aliñados debe traballar moito no ámbito da información, para xerar iniciativas que propoñan visións alternativas ás que se nos propoñen", apuntou, no intre de considerar que urxe artellar proxectos multinacionais, e resaltou proxectos como Telesur, nada en Venezuela e impulsada por varios Gobernos, que demostra que "é posíbel construír unha alternativa"

Concluíu convidando á Cominac a que "traballemos coa convición de que aínda que o reto é grande, a nosa determinación é maior. Si pódese loitar, e loitaremos".

Pola súa banda, o secretario da VI Conferencia, Ahmar Sharedy, representante de Malaisia, convidou aos ministros do Mnoal a participar en proxectos conxuntos de sistemas de información e ratificou que debe abordarse urxentemente a situación das comunicacións.


4/5 (4 votos)