Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
XXXV CUME DE XEFES DE ESTADO DO MERCOSUL

Mercosul elimina uso de pasaporte intrarrexional

Os cidadáns dos países que integran o Mercosul (a Arxentina, o Brasil, o Uruguai, o Paraguai, a Venezuela, a Bolivia, o Chile, a Colombia, o Ecuador e o Perú) poderán transitar na rexión sen necesidade de presentar pasaportes.

Xurxo Martínez Crespo - 11:11 02/07/2008

Foi unha das decisións adoptadas no comunicado final da XXXV Cume de Mercosul, que finalizou onte martes en San Miguel de Tucumán, a Arxentina, na que os xefes de Estados membros e países asociados explican que este acordo facilitará o tránsito das persoas no ámbito comunitario.

Reiteraron o compromiso da promoción e o respecto irrestrito dos dereitos humanos de todos os migrantes e as súas familias. Deseñarán políticas que contribúan ao proceso de construción de consensos a nivel global sobre mobilidade de persoas e protección dos seus dereitos, no marco dunha comunidade internacional chamada a responder aos novos desafíos en termos de incremento dos fluxos migratorios, do recoñecemento e aceptación da diversidade.

Conviñeron en implementar bases de datos compartidas de nenos, nenas e adolescentes en situación de vulnerabilidade, para evitar delitos como o tráfico e o secuestro de nenos, nenas e adolescentes na rexión. Así mesmo acordaron crear mecanismos para utilizar de xeito coordinado a información producida por autoridades administrativas e xudiciais neste sentido.

Os presidentes que asistiron a este XXXV Cume acordaron enviar veedores ao referendo revogatorio convocado polo presidente Evo Morales para o 10 de agosto, en resposta á solicitude que fixo o presidente boliviano durante a plenaria do encontro. Alí manifestaron a súa solidariedade co pobo e o Goberno de Bolivia e expresaron o seu "conviencemento de que a actual situación política interna que atravesa, será superada mediante un diálogo franco e amplo entre todos os actores da sociedade boliviana, nun clima de paz, serenidade e tolerancia que permita a preservación e a integridade territorial de Bolivia e o respecto ás autoridades democraticamente elixidas".

Os xefes de Estado e países asociados do Mercosul reafirmaron o seu compromiso na loita contra o terrorismo en todas súas formas e manifestacións e na cooperación para a prevención dos actos de terrorismo, evitar a impunidade para quen cométanos e protexer ás vítimas deses actos.


3,67/5 (3 votos)





Locais:
GZ-Sete