Suso Seixo avogou por mellorar o autogoberno e pola implicación das caixas de aforros para superar un problema económico que prevé "importante".
Suso Seixo
A CIG prognostica que Galiza sufrirá "de forma importante" a crise económica, debido a que está a afectar "fundamentalmente" ao sector da construción, de importante peso no país. O secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, prognosticou este venres que moitas empresas decretarán suspensión de pagos "despois do verán", pois o sector da construción arrastra consigo outros como o do metal e o da madeira.
A solución ao problema, segundo Seixo, é apostar polo autogoberno de Galiza, mediante a transferencia de competencias plenas en materia de lexislación laboral e social e de inspección de traballo e seguridade social. Tamén pediu que as caixas de aforros se impliquen "no sistema produtivo galego para saír da crise".
Seixo advertiu de que os ciclos "van sempre máis atrasados" en Galiza que no Estado Español, pero que a crise "si que se vai deixar sentir" no país, polo que avogou por un modelo económico máis xusto fronte ao neoliberal e "camiñar cara ao socialismo". Para iso, propuxo mellorar o poder adquisitivo dos salarios, a estabilidade laboral, a conciliación da vida familiar e melloras no servizo galego de colocación e no de formación profesional.
Non semellan malas ideas. Esperemos que a CIG non caia nos erros do BNG á hora de apostar por máis crecemento nunha carreira sen freos e costa abaixo: http://casdeiro.info/textos/?p...
Primera medida social: dejar de financiar a todos los liberados sindicales, empezando por los de la CIG, que se pasan la semana tocándose los huev... mientras los demás nos hartamos de trabajar.
Y encima, cuando negocian, se reparten algo más que los acuerdos con sus jefes, que no dejan de ser sus compañeros políticos de correrías.
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.