Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLAROU NO PARAGUAI

O presidente venezuelano ameaza con non vender máis petróleo e revisar os investimentos na UE

O presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, ameazou con deixar de vender petróleo e revisar as inversones nos países que apliquen a Directiva sobre os inmigrantes irregulares. A Unión Europea respondeulle através do seu Alto Representante, Javier Solana, quen cualifica a reacción do presidente venezuelano de "totalmente desproporcionada".

Xurxo Martínez Crespo - 13:07 20/06/2008

O Parlamento Europeu aprobou que os inmigrantes irregulares poden ser retidos por 18 meses e afrontar unha proibición de regreso de cinco anos.

"Petróleo venezuelano non irá para os países que apliquen esta Directiva do bochorno. Adiántoo, non irá petróleo venezuelano", sentenciou o presidente venezuelano nun acto xunto ao presidente eleito do Paraguai, Fernando Lugo, quen tamén rexeitou o ditame.

O presidente venezuelano exortou aos outros países de Latinoamérica, independentemente da súa orientación política, a rexeitar enerxicamente a medida e tomar accións.

Pola súa banda, Lugo considerou que esa decisión "nos vai unir máis ao pobo de América Latina, nos vai unir porque parte dos nosos pobos están neses continentes buscando novos horizontes".

O presidente venezuelano defende o dereito humano ao libre tránsito

Ademais avogou polo dereito humano ao libre tránsito. Adicionalmente, Chávez advertiu aos Estados que apliquen a norma, que fará unha lista dos investimentos que posúen no país para aplicarlles unha medida similar pero de retorno de investimentos.

"Non imos meter preso a ninguén, aquí respeitamos ás persoas. Só 'dame acá mi empresa' e directiva de retorno, que retornen para alá os seus investimentos. Iso estamos dispostos a facelo xa", afirmou.

A Comisión Europea estima que hai oito millóns de inmigrantes "irregulares" na Unión Europea. Máis de 200.000 foron arrestados na UE na primeira metade do 2007 pero foron expulsos menos de 90.000.


3/5 (4 votos)