Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
RECOÑECEMENTO AOS POBOS ORIXINARIOS DE AMÉRICA

Lei venezuelana de Patrimonio Cultural permitirá preservar coñecementos de indíxenas

A Ley de Patrimonio Cultural de los Pueblos Indígenas é un instrumento de alta sensibilidade e valor fundamental para a soberanía cultural, que permitirá dar seguridade xurídica, preservar e difundir os coñecementos e valores espirituais dos pobos orixinarios que deron forma á identidade venezuelana. Así o expresaron os deputados Guadalupe González e Juvencio Gómez, presidenta da Comisión de Educación, e presidente da Comisión de Ambiente do Consello Lexislativo do estado Bolívar.

Xurxo Martínez Crespo - 10:17 16/06/2008

Segundo unha nota de prensa do Parlamento rexional do estado Bolívar, eles participaron xunto aos deputados José Poyo e Modesto Ruiz da Asemblea Nacional (AN), no foro-obradoiro de análise deste instrumento xurídico, o cal foi aprobado nunha primeira discusión no parlamento nacional venezuelano e entrou en fase de revisión nos estados (división territorial administrativa venezuelana equivalente a unha comunidade autónoma) , no marco do parlamentarismo social de rúa.

O deputado Poyo resaltou que a lei vai colocar un couto aos atropelos e saqueos dos que foron vítimas durante séculos os pobos orixinarios de Venezuela, informou a Agencia Bolivariana de Noticias (ABN).

Ademais, agregou que este instrumento xurídico contribuirá a preservar os coñecementos ancestrais e a cultura material e inmaterial dos pobos e comunidades indíxenas.

Pola súa banda, a deputada Guadalupe González destacou como os pobos indíxenas foron reivindicados, pois desde o ano 1911, ningunha Constituón recoñecera os dereitos nin preservado as garantías dos pobos orixinarios. "Este documento é agora un acto de xustiza", sinalou a deputada.

O deputado José Poyo resaltou os logros dos pobos indíxenas durante o Goberno revolucionario bolivariano, respecto diso dixo: "Nunca foran tan respectados nin valorados como agora. En nove anos de revolución promulgáronse cinco leis a favor dos pobos indíxenas e agora está a piques de cristalizarse outro soño coa Lei de Patrimonio Cultural que preservará ademais a espiritualidade dos pobos autóctonos".


2,5/5 (8 votos)



Nenas indixenas xogando nunha rúa de Caracas. Foto  © Xurxo Martínez Crespo
Nenas indixenas xogando nunha rúa de Caracas. Foto © Xurxo Martínez Crespo