Unha ducia de folguistas, entre eles o secretario da Asociación Provincial de Transporte Frigorífico foron detidos nas últimas horas en Galiza.
O voceiro da Plataforma en Defensa do Sector do Transporte, Antonio Llanos, asegurou este xoves que continuarán co paro. O colectivo, maioritario entre os autónomos, asegura que son alleos ao acordo porque, a pesar de que nas últimas horas houbo un acordo entre o goberno español e outras organizacións, din que non contaron con eles
Llanos acusa á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, de ignorar a representatividade da plataforma. Así, advertiu que van manter o paro total indefinido até que haxa un acordo co goberno español. Pola súa parte, o Ministerio de Fomento sinala que o acordo acadado nas últimas horas engloba a case o 90% do sector.
Por outra parte, a Policía detivo este xoves en Vigo ao secretario xeral da Asociación Provincial de Transporte Frigorífico (Atefrimer), Antonio Fernández, acusado de pinchar rodas de varios camions. Fernández quedou en liberdade logo de declarar na Comisaría de Vigo. Nas últimas horas foron detidos en total doce piquetes en Galiza.