Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DATOS

O Banco de España fala xa dunha “profunda desaceleración”

Agárdase que siga a caer a demanda na construción nos vindeiros meses.

Redacción - 19:46 28/05/2008
Tags:

Segundo o último boletín do Banco de España, a economía estatal está a sufrir unha “profunda desaceleración”. A insititución prognostica un deterioro dos indicadores no terceiro trimestre. Os principais problemas volven da man da construción onde se agarda unha maior caída da demanda

O Banco de España sostén que o impacto da crise económica creada polas hipotecas de alto risco en EUA é máis limitado nas economías de Asia, América Latina e Europa do Este. Segundo o informe, os altos prezos das materias primas favorecen o valor das exportacións como ocorreu en América Latina ou, nomeadamente, nos países que exportan petróleo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: