Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Actualidade do atletismo galego

O Celta masculino clasifícase para o ascenso a División de Honra

Foron primeiros na segunda e penúltima xornada da Liga Estatal de clubes Primeira División. As mozas non puideron vencer en Avilés, pero aseguraron a permanencia.

Redacción - 13:24 19/05/2008
Gonzalo Porto, do Celta

Gonzalo Porto, do Celta

A pesares das ausencias dos lesionados, o Celta impúxose este domingo en Balaídos aos seus rivais na segunda e penúltima xornada da Liga Estatal de clubes de Primeira División masculina. A boa actuación global dos atletas vigueses (que fixeron 6 primeiros postos individuais e gañaron de xeito espectacular o relevo de 4x400) permitiulles terminar a xornada como líderes, roubándolles nove puntos aos catalán do AA Catalunya, que foron segundos. En terceira posición ficou o Caja Jaén, seguido do Oviedo.

Na outra semifinal, disputada tamén o domingo en El Prat de Llobregat, quedou de primeiro o Tenerife Caja Canarias, seguido de L'Hospitalet, e do CAI GC Caja Canarias. Deste xeito, quedan clasificados para a fase de ascenso, alén do Celta, o AA Catalunya, o Tenerife e L'Hospitalet. Será o vindeiro 8 de xuño, pero aínda non se sabe onde.

No Celta destacaron as actuacións de Gonzalo Porto (800 metros); David Gómez (110 m. valados e salto de lonxitude); Fernando Paredes (peso); José Manuel Lombao (xavelina); Nuno Rocha (martelo); Ismael Costas, David González, Sergio González e Gonzalo Porto (4x400). Tamén é de salientar a actuación de Lombao, un veterano que se sitúa entre os mellores especialistas absolutos do Estado.

O equipo das mozas
Polo seu lado, o equipo feminino, castigado polas baixas (estaban lesionadas Eva Costas, Tania Valverde e Lucía Pérez), quedou de cuarto e último en Avilés, a pesares dos catro primeiros postos individuais conseguidos por Elena Estévez (peso); Sara Pérez (3.000 metros); María José Sanromán (disco); e Sara Arosa (martelo).

De todas todas o equipo ten asegurada a permanencia na Primeira División, grazas á vitoria acadada na primeira xornada da liga, en Pontevedra.

Na División de Honra
Esta fin de semana tamén se desenvolveron os encontros correspondentes á II Xornada da Liga de Club da División de Honra.

No sábado, en Ourense, intervían os equipos masculinos do Ourense Academia Postal e da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Finalmente gañou o equipo da Universidade de Burgos con 200 puntos, seguido da Sociedade Ximnástica, con 181 puntos. En terceira posición quedou o Ourense Academia Postal, con 179 puntos. No encontro destacou a marca de 71,77 de Gustavo Dacal (SXP) en xavelina.

As mozas do Ourense Academia Postal desprazáronse a Oviedo este sábado, e alí quedaron terceiras. Polo seu lado, o Ría de Ferrol, que competía en Zaragoza, tamén conseguiu a terceira posición. Ámbolos dous están clasificados para os últimos encontros, polo título.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: