Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A REDE CONVERTEUSE NUN FORO DE DISCUSIÓN A PESAR DO DIFÍCIL ACCESO

Internet en Cuba, novo espazo para o debate

As dificultades de acceso a Internet en Cuba non impiden que a rede se convertera nun foro onde se debate sen reservas o presente e futuro da illa

Redacción - 14:02 28/04/2008
Tags: blogs Cuba

Un exemplo do papel que desempeñan as novas tecnoloxías foi a sorpresiva difusión pola rede dun vídeo no que un mozo, Eliécer Avila, criticou ao presidente da Asemblea Nacional, Ricardo Alarcón, nunha recente reunión a portas pechadas na Universidade de Ciencias Informáticas (UCI).

Ante a repercusión que tivo o vídeo, as autoridades colocaron na versión dixital do diario oficial Granma unha entrevista co estudante, na que aclaraba que as críticas estaban encamiñadas a fortalecer o socialismo, non a eliminalo.

A información completa xamais se difundiu nos diarios impresos e todo quedou no ciberespazo.

Na rede discutiuse de xeito aberto a histórica renuncia de Fidel Castro á presidencia, en febreiro, a elección do seu irmán Raúl para sucedelo e as especulacións sobre o rumbo do seu goberno.

"Raúl necesita agora tempo", escribiu, por exemplo, unha persoa chamada Rogelio Sarforat nun comentario en Kaosenlared. E agregou: "Teñamos confianza, calma e manteñámonos unidos ao redor da Dirección da Revolución".

Alguén lle respondeu desde Miami: "As palabras de Raúl e a constitución do novo Consello de Estado foron un balde de auga fría para os que esperaban que se fixese explícita unha maior vontade de cambio".

Hai de todo, incluídos insultos e palabras subidas de ton nun e outro bando.

Con todo, por agora poucos cubanos teñen acceso a Internet e é probable que esa situación siga así, a pesar de que o goberno acaba de autorizar a venda de computadoras.

"Unha computadora sen Internet é como unha máquina de escribir mellorada e nada máis", expresou Yoani Sánchez, bloguera que administra Generación Y, espazo que acaba de recibir o premio Ortega e Gasset ao xornalismo dixital en España.

En Cuba só poden ter contas de Internet os estranxeiros e algúns académicos e empregados do goberno.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: