Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irimia

Xestionado pola Asociación Irimia
RSS de Irimia
Actualidade

Plataforma en defensa dun Estado laico

Despois de varios contactos previos, celebráronse dúas xuntanzas, a mediados de febreiro e principios de abril, para avanzarmos na constitución dunha plataforma en defensa da laicidade do estado. Este asunto resulta de máxima actualidade e xera, ademais, debates de gran interese na sociedade en xeral e entre os grupos de igrexa de base en particular aos que se convida a participar neste movemento social. Sería de enorme interese que ese debate se incorporase de maneira serea e rigorosa nestas nosas páxinas e invitamos a todos e todas a que mandedes as vosas opinións.

Redacción - 20:21 25/04/2008
Tags:



Infórmanos Victorino Pérez Prieto, teólogo colaborador de Irimia que participou activamente no impulso desta plataforma, da súa composición e dos contidos dos acordos aos que vai chegando. Nas reunións celebradas hai membros do colectivo Xustiza e Sociedade, do grupo República e Laicidade, da Asemblea Republicana de Vigo, do Seminario Galego de Educación pola Paz, do colectivo Esculca, da Fundación Galiza Sempre, de Europa Laica, e outros grupos e persoas a título individual.

Obxectivos mínimos

A plataforma chegou a algúns acordos básicos que están sendo difundidos entre persoas e colectivos, de cara a procurar novos apoios.

En principio fixáronse os obxectivos mínimos comúns sobre os que basear a difusión do movemento a prol da defensa do estado laico. Estes obxectivos mínimos comúns serían os que seguen:

  1. Modificación do apartado 3 do artigo 16 da Constitución Española, de tal xeito que fique clara a laicidade do Estado: “España é un Estado laico” (que respecta todas as crenzas). Suprimir “cooperación”.
  1. As actividades relixiosas e de culto das diferentes comunidades relixiosas serán autofinanciadas por estas.
  1. Establecer a prohibición de asistencia de funcionarios e cargos públicos, en tanto que tales, a actos relixiosos ou de culto. Impor esta prohibición no Estatuto dos Funcionarios.
  1. Denuncia dos Acordos co Vaticano (todos) e revisión, desde estes principios, da Lei Orgánica de Liberdade relixiosa.
  1. Eliminar do currículo escolar o ensino relixioso.

Debates

Están en debate aspectos tales como os ámbitos de actuación da plataforma, o grao de compromiso de persoas e colectivos, a estrutura da plataforma e o seu nome, así como os recursos a empregar. Tamén se acordou ampliar o convite a outros colectivos que puidesen estar interesados.

Tratáronse temas como o das esferas nas que se produce vulneración do respecto ao principio de separación das igrexas e o Estado en diferentes esferas da vida social (educacion, financiamento público, actividade institucional, reivindicación feminista, etc.).

Analizouse, así mesmo, a cuestión dos procedementos de traballo, como o do uso da vía parlamentaria no que toca ao primeiro dos obxectivos, ou solicitar de diferentes comentaristas de prensa que se pronuncien sobre o tema, incidindo no asunto do financiamento, agora que comeza a campaña para a declaración da renda.

Tamén se comentou a denuncia do STEG do decreto que regula a situación do profesorado de relixión no ensino medio; a preparación dun curso de verán sobre este tema; a iniciativa dun cidadán que solicitou a mediación da Axencia de Protección de Datos para eliminar os seus dos arquivos da igrexa católica e o interese de difundir este tipo de actuacións.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: