Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON É O MESMO MONO QUE MOÑO

Colle forza a campaña na Arxentina polo uso do ñ en Internet

Unha campaña lanzada pola revista de cultura Ñ do diario Clarín para promover o uso do eñe, a diéresis e os acentos nos dominios arxentinos en Internet obtivo un amplo apoio popular

Redacción - 12:17 25/04/2008

(...) con máis de 13 mil internautas adheridos e o respaldo do Ministerio de Relacións Exteriores, que asinou unha resolución para "fortalecer o uso do noso idioma".

Nun comunicado, o Ministerio informou de que o chanceler Jorge Taiana asinara o decreto o pasado 9 de abril, ademais de para fortalecer o uso do español, para "defender a nosa identidade iberoamericana e fortalecer ao Mercosur".

O apoio de Clarín e Ñ foi decisiva para que esta campaña sexa a protagonista da festa do libro na Arxentina, na que se publicaron edicións especiais de Ñ con entrevistas e opinións de escritores arxentinos e estranxeiros que reflexionan sobre o espazo do lector, as ideas que circulan no Terceiro Milenio, o pracer da escritura e algúns fenómenos do mercado editorial.

A campaña de "Clarín" articulouse sobre o lema "Non é o mesmo un panal que un pañal (cueiro)", está inspirada na que se desenvolveu en España en 2007 para que os dominios ".é" identifiquen ó "ñ" e outras letras propias das linguas cooficiales españolas: catalán, galego, valenciano e eúscaro.


2,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: