Emilio López considera que intenta utilizar os gandeiros con fins "políticos" e botar abaixo os intentos da consellaría de estabelecer contratos homologados.
Emilio López, delegado de Medio Rural en Lugo
As protestas pola baixada do prezo do leite en orixe está a abrir unha forte polémica política. O delegado de Medio Rural en Lugo, Emilio López, ex dirixente do SLG, acusou a Unións Agrarias de intentar a sabotaxe do sector lácteo galego con fins “político-sindicais”. López cre que o sindicato crea tensión en protestas como a desta semana fronte a Leite Río para dar unha sensación de “caos”. O delegado foi máis aló e insinuou que esta mesma organización agraria pode estar detrás das sabotaxes que sufriron este mes catro camións cisterna da mesma empresa. O delegado de Medio Rural subliña que Unións aumenta o ton das manifestacións xusto cando a consellaría e o sector estaban a traballar nun contrato estábel e homologado entre produtores e empresas, que sirva para garantir prezos no tempo.
Pola súa parte o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, cre que as declaracións de Emilio López son “máis propias” dun membro do consello de administración de Leite Río ca dun delegado da consellaría. Tamén dixo que López ten unha “obsesión” con UU.AA. García sinala que escolleron á empresa luguesa como centro da última protesta porque foi a que máis baixou o prezo do leite.
ai milucho, que te víu e quen te ve.
orden e progreso.
Os que baixan o prezo do leite non teñen intención de crear ningún caos?
Pois son os responsables dese caos.
Se coinciden os demais sindicatos e a Consellaría, é moi sospeitosa a actuación de UA (da familia do PSOE), atacando a unha empresa que non era a que peor prezo ofrecía e desviándose (ou adiantándose) das medidas unitarias que acordaran os tres sindicatos.
Coma sempre os labregos teñen que calar e obedecer.Hai tempo que nos dimos conta que non chove cando mexan por nos.
"A vaquiña polo que vale"
Iso, obedecer ao PSOE e impedir a creación dun grupo lácteo galego a toda costa, esa é a consigna, e se fai falla traer asturianos para montar o espectáculo, pois tráense e xa está.
Eu non coñezo moito este tema, pero é bastante sospeitoso que os se saen dos acordos sexan UA que como todo o mundo sabe = PSOE. Este sindicato defende os realmente os intereses dos gandeiros ou fai precampaña das próximas autonómicas a prol do PSOE?
Todo isto xa estaba radiado polo entorno do PSOE. Hai que intentar rebentar a política de Medio Rural porque vai polo bo camiño e conseguindo resultados. É o que adoita facer o PSOE, partidismo por encima de todo, e se fai falla recurrindo a encarapuchados....
O que non me podo crer é que se ataque aos gandeiros en vez de coller ao Lence e mandalo ao carallo. Iso si que non ten sentido. E fagan ou non fagan xogo, as críticas teñen que ir contra Lence e as empresas leiteiras e non acusar aos gandeiros de "kale borroka" como di El Correo Gallego e La VOz de Galicia. Eu, que para nada simpatizo co UU.AA. e si co SLG, desta volta non comprendo que pasou para que non secundasen a mobilización pero algo hoxe di o Luns a Venres do motivo. En fin, eu estou contra Lence e cos gandeiros, con todas as da lei ou sen ela.
LV é do Progreso, e quen o dirixe??...o PSOE.
O PSOE queria Medio Rural e non pode permitir que baixo a dirección do nacionalismo o agro, a gandeiría,... comeze recuperarse.
E isto non é só cousa de gandeiros contra industria... a cousa é tamén: onde está o centro de decisión dunha empresa.
Pola miña experiencia en eidos que non teñen que ver ren co medio rural...
PSOE = falsos e sectarios
carlosroca,
Eu podo entender o que me dis pero non comprendo que ningunha das declaracións do delegado haxa críticas para a actitude de Lence. E iso tamén agocha algo, ou non? Tanto me ten que o PSOE quixese ou non Medio Rural e que a teña o BNG, non me fixo niso, pero si sei que se non se apoia ao agro, en accións que uns non poden compartir pero son comprensíbeis, os empresarios vannos machucar. E fáloche pr veciños da aldea que vive das vacas. Saber de primeira man como está o sector e o medo que hai, faiche mirar as cousas doutro xeito.
Sinto calificar semellantes palabras de inxenuidade.
Evidentemente hai tamén falta de información sobre o papel de UUAA, a súa conexión co ministerio, determinadas empresas do PSOE, como Central Leiteira Asturiana,....
Están tentando rebentar calquera acordo e estabilización de prezos agrarios na Galiza...
Repito, o PSOE sempre pon os seus intereses partidarios por diante, e estes son españoles, sempre o forón e momento non mudaron.
UUAA ata onde queredes chegar?e son istos "listillos"encarapuchados quen agora van as barricadas!por que non quitades o pasamontañas e dades a cara?menudos covardes!
O PSOE é o que é... (é o PP com quem se pode governar,-sic-)e ponto. Eu desde Madrid vejo que o "Rural" está atacado por todas as frentes por algo será? Mas meus amigos do BNG -labregos- dim-me que por vezes os "funcionários" passam-se de listos ou de eficientes, exigindo cousas difícis de cumprir numa economia como a galega...E pois?
http://lacomunidad.elpais.com/...
Vale. Entre Milucho e Bieito Lobera, éste pedindo fragatas españolas e helicópteros para intervir en Somalia, a ver qué queda do BNG de antes.
Dentro de pouco usaredes o carimbo de "conspiración xudeo-masónica" para denigrar aos opositores ás políticas do BNG.
Falamos un día do prezo do leite?. E das razóns dos gandeiros?. Non, non vai ser que o BNG amose a súa incapacidade para resolver problemas.
O BNG xa está amosando a súa capacidade de mellorar a xestión dos que estiveron antes, tamén en Medio Rural e no tema do leite. Xa cheira un pouco tanto denigrar as políticas do BNG en todo, a ver se repartimos un pouco as críticas.
A ver se algún labrego -se se trata do baixo precio do leite como problema básico, todos están implicados- nos poidera explicar qué ocorre.
Si é certo que Lence/Rio é a leiteira que máis tira o precio de compra. Si están nesa loita.
As políticas das UUAA ou do PRISOE son coñecidas, e coido que temos capacidade para ler nas entrelíneas. Tamén as do bloque.
Vese o que se quere ver e ninguén é inocente.
A cuestión é quen defende que intereses. UUAA defende a españa e o bloque á Galiza.
UUAA non quer que se arranxe o prezo do leite na Galiza senon pasa polo amaño desde o seu ministerio de agro. E o BNG quer arranxalo dun xeito autocentrado con acordos propios.
Iso é o que hai detras da "leite barroca" que está montado o sindicato psoista.