Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACORDO COS SINDICATOS

A Xunta convoca 3.284 prazas este ano, “a maior oferta da historia”

Romeu subliña que prevalecerá "a libre concorrencia". Porén, haberá 433 prazas onde o único xeito de acceso será un concurso de méritos.

Redacción - 14:22 21/04/2008

O conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, non aforrou palabras para describir a Oferta Pública de Emprego para 2008: “Vai ser a maior da historia da Xunta”. O conselleiro explicou as prazas dispoñíbeis logo de asinar coa CIG, CC.OO e UXT o acordo, só o sindicato CSIF non está conforme coa oferta.

Segundo Méndez Romeu, vai haber 1.936 postos para persoal laboral e 1.348 para funcionarios. Dentro deste último cupo, o conselleiro explicou que 1.283 serán para corpos xerais, con 435 prazas para a promoción interna. Porén, Romeu asegura que “a maior parte das prazas están abertas a todas as persoas que queiran acceder á administración, baixo o principio de libre concorrencia”.

Un dos apartados novidosos é que a Xunta crea 433 prazas para aquelas persoas que levan dez ou máis anos cunha vinculación laboral coa administración. Estes empregos ofertaranse exclusivamente mediante un concurso de méritos. O conselleiro subliñou que todos os procesos selectivos rematarán ao longo do vindeiro ano.


5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

imosalo #1 21/Abril/2008 imosalo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Imos ben¡ Fraga méteos e Touriño consolidaos. VAia puta merda de Xunta. E aos que non lles deixaron entrar na administración de dereitas, que? Mérito, igualdade e capacidade non amigismos enchufismo e vasallaxe.

baltar69 #2 21/Abril/2008 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

o que se sabe é os que van a " entrar "; o que non se sabe é o que van a facer unha vez " penetren " a esta modernísima administración. anque eu xa o sopoño: leer a prensa, tomar café e carrexar votos cando se tercie mentras nos foden ó resto. maravilla, maravilla, que cantaba o neno do zeca.
eu, que levo máis de dez anos vinculado laboralmente a unha empresa que paga tódolos fastos de esta caterva, terei algún tipo de recoñecemento do sr conselleiro de la coruña por tantos, estos, mis méritos?

Tareixa-Basanta #3 21/Abril/2008 Tareixa-Basanta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vergonzoso e mentira. Son 3.000 prazas para xente que xa esta na administración, uns entraron por asistencia técnica, esto é a dedo, puro e duro.Outros son persoal laboral que non deu aprobado 3 oposiciónse agora pasa a ser funcionario e o resto interinos que tiveron a sorte (preparada polo PP, ao non sacar concursos de traslados, promoción interna e opos libres durante anos e anos)de ter continuidade na interinidade dende tempos inmemoriais. Son 3.000 prazas que NON se van ofertar a unha oposición libre e NON se van a cubrir por un sistema de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade. O goberno bipartito solucionalle a vida a 3.000 contratados que NON tiñan praza fixa na Xunta e que nin é un borron e conta nova xa que tanto o PSOE como o BNg están a crear xa outra bolsa de "temporeiros" co mesmo sistema que fixo o PP con estes 3.000: asistencias técnicas, contratos en fraude de lei, empresas privadas, subscontratas a amigos e compañeiros de Partido e inventos tipo SEAGA. Que a súa vez serán outros 3.000 futurables a consolidar (xa se dí que a xente das galescolas, de seaga ou dos gabinetes dos conselleiros terán puntos e prazas perfiladas para dentro de 2 anos). E así até que a Administración non revente. O certo é que os que cheguan ao goberno da Xunta fan seu o lema de "para traballar na Xunta hai que ter padriño". Eso é o que tiveron estes 3.000 que agora Mendez Romeu co aplauso dos sindicatos, vai facer funcionarios fixos: un padriño que os meteu na Xunta. Vergoña que neste acto tomen parte sindicatos e partidos que algun día defenderon outro tipo de principios para ser funcionarios da Xunta.

UnDeTantos #4 21/Abril/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois minha nai fai 4 anos tívoche que estudar moito,8 anos da sua vida concretamente. E meu tio,que entrou fai 2,suspendeu 3 convocatorias.
Se sabedes dalgun padrinho avisade,por favor

sophia #5 22/Abril/2008 sophia
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non teño porque pagar dos meus impostos o soldo de tódolos enchufados do PP, se queren enchufalos que o fagan en empresas privadas, non na Administración que pagamos todos, é unha vergonza, deberiamos manifestarnos contra desta gran inxustiza. Coñezo xente moi incompetente metida na Xunta por obra e gracia do PP, sen pasar nin un exame, claro que non o pasan.Caciques.

crunha #6 22/Abril/2008 crunha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#4 Tes razón, moita xente entrou na administración superando unhas duras oposicións, iso é certo.
O que non quita que tamén sexa certo que, co anterior goberno, creáronse moitas empresas de amigos do PP co fin de traballar para a Xunta, e a través delas entrou a dedo unha chea de xente, xente á que agora se lle vai dar un posto de funcionario, o cal é un agravio para coa xente que preparou unha oposición para ter un posto de traballo na administración.
Ou sexa que o Touriño vai dar postos fixos na administración aos enchufados do PP.

trapalleiro #7 24/Abril/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

nin os echufados do pp ni os do psoe, que tamén hai abondo, e o mesmo noxo dan.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: