Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara á manifestación do 18 de maio

"O futuro do galego depende de nós"

Así conclúe o manifesto co que A Mesa apela ao "compromiso persoal" dos cidadáns cara a lingua.

Redacción - 11:33 05/04/2008

A Mesa pola Normalización Lingüística vai buscar ademais a aprobación nos Concellos do país de mocións ou declaracións institucionais "en favor da participación na manifestación" do próximo 18 de maio. De xeito paralelo, promoven o apoio do texto por parte de todo tipo de entidades, desde centros de ensino, até empresas, pasando por sindicatos e asociacións diversas.

O manifesto presentado este venres baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego", comeza subliñando que "vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo" e indica que os galegos teñen dereito a que a lingua estea en todos os ámbitos sociais "con dignidade e con normalidade". Tamén inclúe denuncia contra os que "pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego".


  • 5 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
5/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: