Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTO NO AUDITORIO

Rufus Wainwright, en Compostela en xuño

O 1 de xuño estará en Galiza un dos artistas do momento.

Redacción - 13:43 14/01/2008

Rufus Wainwright é un artista multifacético: ten publicados seis álbumes, o último gravado no Royal Albert Hall con cancións de Judy Garland; participou nunha ducia de filmes como actor e en moitos máis como autor da súa banda sonora; nestes momentos prepara unha ópera chamada Prima Donna e recentemente foi un dos principais impulsores do documental e do disco de homenaxe a Leonard Cohen I'm your man. O seu prestixio non deixou de aumentar dende que en 1998 a revista Rolling Stone considerouno o mellor novo artista do ano.

O 1 de xuño estará no Auditorio de Galicia. A entradas, entre 10 (estudantes) e 20 euros, xa poden mercarse na web de Caixa Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: