O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle dende este venres e até febreiro unha mostra que percorre toda a obra do pintor vigués
A mostra céntranse en tres series: paisaxes sicodélicos, sexo e retratos (caras), facendo fincapé no rigor de historiador e de documentalista de Lodeiro, percorrendo as fontes documentais e orais empregadas polo artista. A pintura de Lodeiro non pode entenderse sen analizar a socioloxía do mundo da arte nos anos setenta e oitenta en Galiza, e sen vinculalo ao cambio político, económico e cultural que se produciu no país nesas décadas.
Xosé Telmo Lodeiro (Vigo, 1930-1996) foi un activista, participando en cantas propostas colectivas ían encamiñadas a integrar a arte na vida, a popularizar e socializar a arte. Por exemplo, participou nas propostas da Estampa Popular, nas mostras ao aire libre da praza da Princesa e formou parte nos oitenta do colectivo Atlántica.
A exposición do Centro Galego de Arte Contemporánea será inaugurada o venres 14 e permanecerá aberta até o 24 de febreiro.