Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O POUSO DA DITADURA

Para a RAE, o franquismo foi un movemento de “tendencia totalitaria”

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza unha campaña para que se cambie a definición por outra máis contudente.

Redacción - 12:45 21/11/2007

A primeira acepción que recolle a Real Academia Española (RAE) é “movemento político e social de tendencia totalitaria, iniciado en España durante a Guerra Civil de 1936-1939, arredor do xeneral Franco, e desenvolvido durante os anos que ocupou a xefatura do Estado”. Na segunda entrada o dicionario é máis breve: “período histórico que comprende o goberno do xeneral Franco”. Dende a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) están a sacar adiante unha campaña para lograr que a RAE recolla unhas acepcións máis explícitas.

Dende a asociación consideran que definir como “tendencia totalitaria” unha ditadura que violou sistematicamente e durante catro décadas os dereitos humanos é inaceptábel. Dende a ARMH lembran que o réxime franquista deixou 60 mil mortos na posguerra e que meteu na cadea a preto de 400 mil persoas.


0/5 (0 votos)


Comentarios (5)

Sara_Mago #1 21/Novembro/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

All things are subject to interpretation whichever interpretation prevails at a given time is a function of power and not truth.

Friedrich Nietzsche

Gaviotero #2 21/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obviamente, la RAE pasará olímpicamente de cualquier proposición proviniente de una banda de ratas sectarias...

Gaviotero #3 21/Novembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, tendencia totalitaria la de ARMH...que cualquier día cogen el fusil y se ponen a hacer lo mismo que hicieron los suyos ahora hace 70 años.

ecoe #4 21/Novembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alguén vai acabar no mesmo paquete delictivo que o ínclito mentireiro compulsivo para obtención de gañancias esaxeradas, moi ben coñecido nestes lares, de don pío moa.

BonKarallan #5 21/Novembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Equivócasche, o franquismo non foi un movemento, foi o estarse quedo durante 39 anos.

E non había ningunha tendencia, facíase só o que dicía "el Generalísimo"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: