Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Encontro Artístico

Manuel Valcárcel explica en Compostela o seu traballo 'Nómades'

O fotógrafo monfortino achégase este martes 20 até a Centro Sociocultural Caixa Galicia para falar sobre as imaxes recollidas nesta exposición.

Redacción - 18:48 19/11/2007

Nómades leva aos espectadores a percorrer por medio de imaxes o mundo dos últimos pobos nómadas. Sesenta fotografías de gran formato que recollen os costumes, a cultura e o xeito de vida destes pobos, que aínda hoxe habitan nos cinco continentes. Para explicar as súas sensacións e a visión que lle suscitaron estas formas de vida, o fotógrafo de Monforte Manuel Valcárcel achegase o martes 20 até Compostela.

A actividade está enmarcada nunha iniciativa do Servizo Educativo da Fundación Caixa Galicia, que conta cun amplo programa de actividades didácticas co obxectivo de achegar ao público de forma amena e enriquecedora a obra do artista Manuel Valcárcel. A mostra Nómades pode verse no compostelán Centro Sociocultural Caixa Galicia até o vindeiro 30 de decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: