Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este sábado en Compostela

Esquerda Nacionalista-Mocidade reconfigura a súa Mesa Nacional

As bases máis novas da formación do BNG organizan a súa X Asemblea, onde tamén se elixe ao substituto de Saúl Santim logo de seis anos como voceiro nacional.

Redacción - 11:45 20/10/2007

Baixo o lema Afianzando o Nacionalismo Xuvenil, as bases máis novas dunha das formacións integrantes do BNG, Esquerda Nacionalista-Mocidade, organizan este sábado a súa décima Asemblea Nacional.

Tras a lectura e o debate do Informe de Actividade Política, así como das emenda dos relatorios político, organizativo e de igualdade, terá lugar no Hotel Virxe da Cerca de Compostela a elección da nova Mesa Nacional, máximo órgano de decisión entre asembleas, así como do seu novo voceiro.

Substituirá no cargo a Saúl Santim, que marcha tras seis anos á fronte da Portavocía. O aínda voceiro de EN-Mocidade salientou na semana da súa despedida que "para ter unha visión real da sociedade galega cumpre interaccionar con ela; formar parte da sociedade como un cidadán máis, neste caso como un mozo máis".

Ademais, valorou positivamente que "dende a asemblea nacional do Porriño, protagonizamos a maior expansión organizativa que tivo EN-Mocidade desde o seu nacemento", aínda que recoñece que "fican grandes retos por diante" e que cómpre adaptarse as necesidades da mocidade, en constante proceso de mudanza.

Ás 18.30 horas comezará a sesión de clausura da Asemblea Nacional coa aprobación das resolucións asemblearias, o saúdo das delegacións convidadas e as intervencións políticas de peche.


Documentos

4,67/5 (12 votos)


Comentarios (3)

lourixe #1 20/Outubro/2007 lourixe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hotel Virxe do Camiño? Naceu froito da unión entre o Hotel Porta do Camiño e o Virxe da Cerca?

Morcego #2 20/Outubro/2007 Morcego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ehehe!

OBSERVADOR #3 20/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Há um hotel Virgem do Caminho em Ponte Vedra. Se calhar por aí...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: