O lehendakari adía a convocatoria de referendo a 2010, pero antes prevé facer unha "consulta popular".
"Non acepto que sexa a ETA quen teña un interruptor para acender e apagar a esperanza da sociedade vasca, que é como aconteceu nos últimos tempos", afirmou o lehendakari Juan José Ibarretxe durante a súa intervención diante dos medios despois da xuntanza este martes co presidente do goberno español. "Non pode ser que sexa a ETA quen dea permiso e decida sobre que e cando negociar".
Pacto ao "estilo Downing Street"
"No próximo pleno de xuño quero presentar un pacto ao estilo Downing Street, para que este acordo sexa ratificado, e facer unha consulta conxuntamente co presidente español", explicou Ibarretxe. O presidente do goberno vasco reprochou o "nerviosismo que hai en Madrid" ao fío da súa proposta, e pediu que se entenda que se trata dunha oferta de debate "lexítima" e "legal". Insistiu o lehendakari en que "o inimigo da democracia no Estado e en Euskadi" é unicamente "a ETA" e en ningún caso o son as propostas "políticas" realizadas polos representantes lexitimados pola sociedade.
Segundo detallo, o seu proxecto é negociar co goberno español a forma de realizar unha consulta que conte coa súa beizón. De non ser autorizado, Ibarretxe solicitaría en todo caso a autorización do Parlamento para unha consulta popular o 25 de outubro de 2008. Trataríase dunha consulta "sen vinculación xurídica" pero na súa opinión co valor de que "a sociedade vasca abra coa súa decisión a porta do proceso". Xa que logo, estabelecería un novo guieiro de negociacións a partir de aí coa meta de que en 2010 se celebrase un referendo sobre o novo estatus político para Euskadi. Ibarretxe dixo agardar que "o talante do que tanto se fala non se transforme nun desplante ao diálogo".
"Non" de Zapatero ao proceso
Ás portas das eleccións xerais, de portas para afora non houbo no discurso de José Luís Rodríguez Zapatero ningún espazo para o diálogo posíbel e reiterou que o convite do executivo vasco non será nin aprobado nin aceptado. O presidente do goberno español opinou que o lehendakari chegara á Moncloa "cunha segunda versión do primeiro Plan Ibarretxe" e subliñou que ao novo plan lle agarda resultado similar ao anterior. "Non se pode facer, non se vai facer e non se fará", insistiu. "Leva desde 2001 falando do mesmo", criticou Zapatero, "se quere modificar as relacións de Euskadi co Estado, pode modificar o Estatuto de Gernika, que por outra parte foi até o de agora moi beneficioso para Euskadi", engadiu.
Recomendámoslles ampliar na EiTB24, Deia ou no Diario Vasco.
O lehendakari debería deixar de ser tan iluso: non vai conseguir nada, os nacionalistas vascos, sendo maioría, non teñen nada, nin o terán... así. Só cabe unha solución: face-lo referendo, malia non ter autorización, gañalo, e declarar a independencia unilateralmente. Que fará España? Matará a tódolos vascos que se lles resistan? Que dirá a UE?
Se eu fose o Lehendakari, non estaría tan confiado...
parece como si o pnv estivese a darlle motivos o pepé e batasuna o pesoe, non? si o mundo fose como nos queren ensinar ca educación á cidadanía, todas estas manobras non farían falla, pero hai unha grande distancia entre e teoría e a práctica.
ibarretxe pon nun brete ao partido socialista e a pingue ventaxa da que dín que dispuña ferraz frente a xénova, nunhas hipotéticas eleccións a día de xá, desvanécese até o empate técnico. mariano raxoi, que vexetaba no limbo da incomprensión e camiñaba cara un estampinarse certeiro, fáise de pronto atraínte para a españa que se toma en serio a posible fragmentación da terra acuñada polos reises católicos mentras o presidente zapatero, coitado, semella non conter o suficiente as ínfulas soberanistas dos vascos.
pero cómo que non? non estamos a deter a todo quisque na esquerda nacionalista vasca? volveuse ó cárcere a de juana, meteuse a otegui adentro tamén, colleron en francia a non
sei cantos rapaces buscados por caleborroca, impediron non sei cantas masacres con
coche bomba en andalucía e levante... e ahora, coma nos mellores tempos do aznarismo, meten para adentro á mesa nacional de batasuna ( bueno, ahora meten a mesa cesante e a que se quería constituir, meten a tódolos que estaban: os donos da casa, os camareros, a un fulano que pasaba por alí leer o contador do gas... ). el gobierno se muestra fuerte y resoluto en defensa del ordenamiento jurídico, parece decir rubalcaba desde os seus mírares cuévanos.
tal e como non se xoga cas cousas de comer, con estas tampouco se improvisa; todo semella unha folla de ruta predefinida. a vontade de zapatero de achar solución o problema das nacionalidades e a refundación do estado para unha conviencia, de polo menos outros 30 anos, topou a férrea oposición do partido popular e dos séus altavoces mediáticos, non tanto porque a dereita non saiba tamén da existencia de ese follón e da
necesidade de arremangarse e ocuparse de el, se non porque a loita política no
occidente democrático volveuse tan enconada ante a necesidade de detentar o
poder para manexarse cos grandes grupos económicos, que todo vale para
desaloxar o contrincante das parcelas gubernamentais. así que non quedou máis
remedio que mudala estratexia. eta e o seu entorno coñecían perfectamente as
difícultades polas que pasaría o proceso, mentras que o pesoe intúía que sí,
que podía ser largo e que precisaría de varias lexislaturas. fixeron falla, como
non, postas en escea, a máis cruel de elas a que acabou ca vida dos dous
inmigrantes ecuatorianos na terminal de baraxas, e que se continúa ahora con estes hipotéticos terroristas a los que las fuerzas de orden constitucional detienen entes de
cometer el bárbaro atentado que planeaban cometer en próximos días. xa.
quizás o que non entraba nos plans de batasuna nin do pesoe é a aparición do pnv resucitando o seu perfil máis soberanista, adormecido dende que arzalluz vise desautorizado o seu delfín polo candidado imaz, apoiado ( anque os editores dos medios informativos non o recorden) polo mismísimo lendakari que ahora parece o seu maior contrincante ideolóxico. así imaz é a víctima propiciatoria para sacrificarse ante o altar do de llodio, que dende as pasadas elección síntese o home forte do partido, pois non en vano evitou co seu carisma e capacidade unha caída maior do pnv, caída que parecía abocada a ser soada si o tirón batasuna/pesoe prosigue ate acadar o acordo de paz. o sector máis soberanista ( que é maioritario, por certo ) do partido sabinista corría o risco de seducirse polas teses de ea e mesmo de buscala recuperación de batasuna e acatar moitos dos seus postulados. de ahí que o lendakari volvese ahora á carga co seu plan, xusto nun momento en que o goberno central puña toda a súa artimañada no entorno eta/batasuna. non é de extrañar tampouco que a análise dende madrid sexa de película de bons e malos: imaz é o moderno, o progresista, o bon e ibarretxe é o malvado que quere ganar en augas revoltas, que quere a secesión e que representa o pasado e o rh. da, da, da.
será que este lendakari manexa datos máis reais que os que filtran os telediarios? será que o pesoe estaba demasiado holgado de ventaxa e había que abastalo un pouco para abaixo?
sen dúbida agardan tempos interesantes na area política, donde non faltarán traizóns e vaivéns e donde sobrarán tamén mentiras e falsas postas en escea con persoaxes centrais e invitados de luxo, como este garzón recurrente en meter presos e prohibir partidos. pero eu creo que o camiño que esbozo non difiere moito da realidade. e é que ésta non ten moito máis para donde ir. sen duda sería máis recomendable poder facer estas cousas á luz do día, pero hai demasiados
intereses interrelacionados; dalgunha forma, no futuro, haberá quen recoñeza a
zapatero a sua labor mediadora e a sua recontrucción da pel de toro, pero, o
non contar co pobo para facela, coido que quedará coxa e sera insuficiente para
as aspiracións reais dos cidadans, anque un de esos moitos referendum que se
fan lle dé un baño de lexitimidade.
Se Rajoy chega a necesitar os votos do PNV en Madrid, permítelle o referendum e ainda se pon a falar vasco na intimidade
Ibarreche no tiene NADA que hacer...lo dije hace tiempo y lo sigo diciendo...esto es como lo del partido ese que iban a jugar los catalanes contra EE.UU. y que decían ellos muy chulitos que lo iban a jugar de todas formas el 14 de octubre.
Pues bien...¿alguién vio jugar a Cataluña contra EE.UU. el pasado 14 de octubre?
El nacionalismo vive de su palabrería, porque a la hora de la verdad todos pasan por el aro encantados, pues saben que es la única forma de mantenerse ahí chupando de la borrega...sueldazos, secretarias, coches oficiales, escoltas y demás privilegios.
Y nadie disfrutando de esos privilegios está dispuesto a perderlos por una cuestión política...Ibarreche tampoco.
Para #5: Pues bien...¿alguién vio jugar a Cataluña contra EE.UU. el pasado 14 de octubre?
http://www.seleccions.cat/noti...
Para os demais, dizer que falando entende-se a gente, e o que dixo Bermejo de: "En principio, el referéndum es ilegal, pero hay que ver qué dice", bom, menos dá umha pedra :P
Por certo que o artigo de Maurício Castro está "arrassando" co número de comentários... para sentar-se cómodo e pôr-se a ler com um quaderno, lapis e umha dose alta de filosofia.
Ala, para caminha que manhá é dia de trabalho,
CDRC
É incrible. Zapatero, supostamente mantén conversacións con ETA e con todo négase a escoitar ao PNV.
Pois Ibarretxe ten que facer o que cre conveniente. Se é ilegal en España, en Euskadi non o é. Consultar ao pobo do que sexa non pode ser ilegal, e se o é, haberá que cambiar as leis.
Eu apoio a desobediencia de Ibarretxe. É unha forma non violenta de pedir o que o pobo vasco desexa.
Se o pobo vasco quere a independencia, tarde ou cedo terán que darlla.
Deter á xente cando a Garzón lle parece oportuno, politicamente, iso non é ilegal, é prevaricación.
Só podo dicir unha cousa ante esta medida de Ibarretxe, só os valientes patriotas logran os obxectivos e só os que arriscan gañan. Se Euskadi quere independizarse ten que ter claro que non se pode facer con negociacións absurdas e facendo as cousas de xeito tan tosco e lento.
Deben buscar apoios internacionais, falar con ETA para que declare unha tregua antes do referendo, asegurarse o respaldo da UE; estas cousas só as poden lograr se se move o lehendakari e deixa de actuar coma un cobarde que lle baixa a cabeza ao presidente de España. Ata que haxa un lehendakari que entenda que el e só el ten o poder de gobernar aos vascos e polo tanto de negociar cara a cara co presidente de España e se España non quere oír debe romper relacións e buscar solucións.
Que se deixen de tonterías que xa son moitos anos e o único que logran son cartos. Fan falla patriotas que lle demostren a España que non van gañar (o problema é que nos consideran moscas porque non estamos unidos e porque moitos non están dispostos a nada máis que falar).
Para min o lehendakari perdeu toda a credibilidade co mal chmado Plan Ibarretxe co que se conformou cun simple non no parlamento español. Agora carece de credibilidade e incluso non o consideran un perigo en España e iso xa é partir con desventaxa así que Euskadi unha vez máis deberá sacar o mellor que teña se realmente quere lograr a independencia.
O que Ibarretxe pide, vaise pedir en Galiza dentro de 25 anos. Daquela o País Vasco xa o terá conseguido. Galiza esperará outros 25 a conseguilo. ¿Medio século de retraso parécevos moi optimista?
Es un optimista, máis nunca é tarde se a dita é boa.
Ou xa non vivirei para entón ou o celebrarei no Xeriátrico.
cdrc, muy bueno lo tuyo...como no podían jugar un partido con una selección oficial de fútbol, montaron un partidillo entre amiguetes...¡jajaja! Genial, confío en que de la misma forma, como no van a conseguir jamás ser una nación, se conformen con ser una regioncilla.
A los demás...gracias, guillerme, por darnos las claves de los nacionalismos periféricos:
"Que se deixen de tonterías que xa son moitos anos e o único que logran son cartos."
Precisamente eso, cuartos, es lo que pretenden y cada vez más, los nacionalistas catalanes, vascos y gallegos. Cuartos para ellos, buenos sueldos, Audis A8, tren de vida...lo demás puede esperar.
Así que no me asustéis a Anxo Quintana diciéndole que en 25 años cambiará su estatus, porque él aspira a seguir así viviendo de coña toooooooooooooooooda la vidaaaaaaaaaaaaaaaaaa...
Precisamente eso, cuartos, es lo que pretenden y cada vez más, los nacionalistas catalanes, vascos y gallegos. Cuartos para ellos, buenos sueldos, Audis A8, tren de vida...lo demás puede esperar. Cuartos y más cuartos, nunca quintos ni sextos, jajajaja
Gaviotero dixo: "cdrc, muy bueno lo tuyo...como no podían jugar un partido con una selección oficial de fútbol, montaron un partidillo entre amiguetes...¡jajaja! Genial, confío en que de la misma forma, como no van a conseguir jamás ser una nación, se conformen con ser una regioncilla."
A selección de futsal catalana é oficial, así está recoñecida pola Federación Internacional de Futsal (FIFS), que non esixe que os países participantes sexan estados. Pero ben, non hai peor cego que o que non quere ver.
Por outra parte, Gaviotero, eu pregúntome o seguinte: por que queredes que ETA renuncie á loita armada? Se total, coa democracia as ideas independentistas non teñen cabida, pois botámonos todos ó monte a soltar tiros. E ninguén poderá acusarnos de nada, xa que nunha ditadura, a loita armada é lexítima. Así que responde: que facemos?