Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SOBERANÍA DE EUSKADI

O BNG ve “lóxica” a proposta de Ibarretxe

O goberno español asegura estar disposto a negociar pero "sempre dentro do marco constitucional".


Redacción - 17:00 28/09/2007
Tags:

O deputado nacionalista Francisco Rodríguez valorou positivamente a consulta soberanista que anunciou este venres o lehendakari vasco. En declaracións a Europa Press, Rodríguez mostrouse convencido de que a medida "pode contribuír moito a solucionar a situación política no País Vasco”.

Porén, o parlamentario admitiu que o goberno estatal pode impedir a convocatoria dun referendo deste tipo: “Pódeo declarar ilegal porque a capacidade de convocatoria de referendos non existe no marco estatutario vixente”.

O goberno español responde: “Constitución, Constitución e Constitución”
A vicepresidenta do goberno estatal, María Teresa Fernández de la Vega, respostoulle ao lehendakari invocando a Constitución española até en tres ocasións. Asegurou que o executivo está disposto a dialogar do que sexa pero “sempre dentro do marco constitucional”.


  • 4,5 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
4,5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: