Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Inmigración, a nova cara de Irlanda (2)

Gort, a pequena Brasilia irlandesa

Do déficit demográfico a ser un dos países máis novos. Do atraso económico, a un dos mercados máis atractivos. Cóntanolo María Golpe desde Irlanda.

María Golpe - 08:00 19/06/2007

Viaxando dende a cidade de Galway, éntrase na vila de Gort pasando o cemiterio Labane. Na entrada do cemiterio un Cristo cos brazos abertos, semellante ao Cristo de Río de Janeiro, recibe a aquel que o visite. O dato non seríaa curioso se non fose porque dos 3500 habitantes da vila de Gort, no Condado de Galway, un terzo son brasileiros. A comunidade brasileira de Gort é a máis grande do país.

En 1999, unha fábrica de carne do condado de Roscommon solicitaba permisos de traballo para empregar traballadores da cidade de Anápolis, no estado brasileiro de Goiás. Pouco despois, Seán Duffy Meat Exports Ltd., en Gort, contrataba os primeiros seis traballadores de Goiás para traballar na súa fábrica de carne nas aforas da vila. Serían os primeiros seis brasileiros da ‘Brasilia irlandesa’, agora son máis de mil.

Moitos dos traballadores chegaron a Irlanda para traballar uns anos, aforrar e construír as súas propias casas en Brasil, ou recadar suficientes fondos para abrir os seus propios negocios. Oito anos despois, moitos deles trouxeron parellas e fillos que deixaran no Brasil e en moitos casos, a intención de quedar na República, onde moitos deles teñen montados os seus negocios e a sua vida.


  • 3,64 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
3,64/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: