Participa no concurso "Unha imaxe para o galego". E se lle pegas ao vídeo, mellor aínda. Agardamos tamén as túas microcreacións.
Turrar do galego botando man da imaxe. Velaí o desafío que vos propoñemos. Se cadra xa tes no teu arquivo fotográfico persoal algunha imaxe que poidas compartir con todos nós. Ou pode que agora mesmo se che acabe de ocorrer unha xenial idea de foto que tirar.
Iso si: buscamos orixinalidade. Propoñémosvos ir máis aló de rosalías e castelaos, de bandeiras, e libros. Innovar e refugar tabús. Fotos e vídeos deberán levar un breve texto para contextualizar a imaxe. Hai dúas categorías: fotografía e vídeo, na web do certame podes ver en detalle as bases.