Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HAI OUTRAS 79 CASAS NA MESMA SITUACIÓN

O Concello de Vilaboa podería legalizar o chalé da conselleira de Pesca

Aínda que a casa ten unha orde de derrubo dende hai seis anos por infrinxir as leis de costas, o consistorio sostén que o inmóbel está en núcleo urbano.

Redacción - 19:01 14/03/2007
Tags:

O futuro do chalé familiar da conselleira de Pesca en Vilaboa está pendente de que o Concello aprobe un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O goberno municipal sostén que o terreo está construído en núcleo urbano e por iso mesmo concedeu licenza para a obra no seu momento. Porén, o colectivo Salvemos Pontevedra e mesmo Greenpeace opóñense radicalmente a esta posibilidade argumentando que no seu momento a construción vulneraba a Lei de Costas vixente.

Nas próximas datas, a Consellería de Política Territorial, que ten competencias na materia, debe decidir se acepta o recurso presentado en 2000 polo marido da conselleira ou, se pola contra, executa o derrubo. Aínda que a Xunta ditou naquel ano que todas as construcións eran ilegais, algunhas fontes sinalan que hai informes que ofrecen conclusións diferentes.


Ligazóns

4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: