Martinho, Maria, Ghanito, Xan, Lousada... Preto de 200 internautas reservaron xa o nome para o "Vieiros de meu". Únete a nós!
Participa!
Desde que na madrugada do mércores para o xoves entrou en funcionamento o novo formato de Vieiros e até o momento de escribirmos estas liñas, arredor de 200 persoas inscribíronse para ter un Vieiros de seu.
Participar no chat e comentar as informacións e artigos son algunhas das primeiras posibilidades para a comunidade de Vieiros, pero iremos achegando novidades para que non só sexades lectores, senón activos participantes.
Na caixa de correo, no foro ou mesmo no pé do FAQ de presentación, deixástesnos vizosas reflexións. Tomamos nota das vosas críticas, tamén agradecemos os parabéns, e tentaremos atopar os puntos de encontro entre as propostas que facedes e responder a elas en todo o posible.