Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Democracia en Alternativa dos Veciños de Oleiros

Dous mil votantes elexiron de xeito directo a candidatura de Alternativa dos Veciños, partido que goberna no Concello de Oleiros xunto co PSOE. Un notario certificará o reconto das papeletas.

- 10:33 15/03/1999
Tags:

A singularidade do partido Alternativa dos Veciños tamén se notou durante a festa electoral celebrada o sábado no polideportivo do colexio A Rabadeira, de Oleiros. As once da mañá abriron as urnas e a caseta do polbo, que eran recibidos pola música da banda Sementeira. O único requisito era estar empadronado e ser maior de idade.

Minutos antes do peche estaban contabilizadas case dúas mil cincocentas papeletas, que van escoller ás 21 persoas que formarán a candidatura deste partido para o 13 de Xuño.

A meirande parte dos veciños xa traía a papeleta de casa, xa que o partido enviou nove mil ós domicilios, aínda que podían collela alí e votar nunha cabina.

Pola tarde houbo actuacións do cantautor Rafael Amor, un grupo de rock e as corais do concello.

O ex-alcalde e presidente do partido, Angel García Seoane, destacou que era un acto de "democracia directa", e que era "a primeira vez que se facía en España". García Seoane está inhabilitado para elexir e ser elexido tras ser condenado por derrubar un muro no areal de Santa Cristina.

Roberto Catoira


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: