Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CICLISMO - TOUR DE FRANCIA

A Armstrong o que é de Armstrong

Ao ciclista galego Óscar Pereiro non lle chegaron os folgos: realizou unha excelente décima tirada do Tour, da que foi protagonista durante un bo pedazo, pero esfondou ao final e chegou de 37º a máis de sete minutos do novo líder, Lance Armstrong. A montaña comezaba hoxe, e o estadounidense amosou por fin todas as trazas de conseguir a súa sétima volta a Francia. O esforzo durante gran parte da tirada fíxoo o alemán Jascke, e detrás del saltaron unha ducia de corredores entre os que se atopaba Óscar Pereiro. Durante moitos quilómetros o mosense foi segundo, pero a dez da chegada foi apreixado por un grupo intermedio do que tiraba o equipo de Armstrong. Ao final, a tirada venceuna o español Alejandro Valverde, da man de Armstrong. Mañá haberá outra intensa tirada alpina subindo aos cotos especiais da Madeleine e Galibier e chegando nun descenso ata a vila occitana de Briançon.

- 16:06 12/07/2005
Tags:

10ª tirada Grenoble-Courchevel
1º Alejandro Valverde (ESP), 4:50'35"
2º Lance Armstrong (EUA), =
3º Mickael Rasmussen (DIN), a 9"
37º Óscar Pereiro (GZ), a 7'29"
41º Marcos Serrano (GZ), a 9'49"

Xeral
1º Lance Armstrong (EUA), 37:11'04"
2º Mickael Rasmussen (DIN), a 38"
3º Ivan Basso (ITA), a 2'40"
28º Óscar Pereiro (GZ), a 10'35"
43º Marcos Serrano (GZ), a 15'24"


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: