Londres será a sede organizadora dos Xogos Olímpicos de 2012, logo de que nas primeiras roldas quedasen fóra Moscova, Nova York e Madrid, e na final París. A importante inxección económica que supón a realización deste evento bañará as ribeiras do Támese, conforme se decidiu na cidade asiática de Singapur. París partía como favorita, pero a decisión do cento de membros do COI levou os Xogos ao Reino Unido. Londres e París organizaron os Xogos por dúas veces xa, pero hai máis de cincuenta anos, Moscova unha vez en 1980, e nin Nova York nin Madrid o fixeran nunca. As outras dúas ocasións de Londres foron en difíciles circunstancias: a primeira en 1908, logo do fracaso trasatlántico dos Xogos de Saint Louis, e a segunda en 1948, xusto despois da II Guerra Mundial.
• Especial da BBC, onde se poden ver as celebracións en Trafalgar Square.
• Webs das candidaturas: París, Londres, Madrid, Nova York e Moscova.
• Webs á contra: Contra Madrid, Non Londres, Non a París
• Galicia Olímpica.