César Antonio Molina recibirá o luns na Coruña o Premio Coruñés do Ano 2008
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 (EUROPA PRESS)
O ministro de Cultura, César Antonio Molina, iniciará hoxe unha visita a Galicia na que ten previsto asistir ata o martes a diversos actos sociais e culturais, ademais de acudir ao congreso do PSdeG que se celebra a fin de semana na capital galega.
Así, Molina asistie hoxe a partir das 10.00 horas á Ofrenda do Apóstolo Santiago na Catedral compostelana e ás 21.00 horas ao acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia 2008 á Editorial Galaxia.
O sábado e o domingo, o titular de Cultura estará a partir das 11.00 horas no XI Congreso que o PSOE de Galicia celebrará no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.