Vieiros

A polo ghit 08

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 07
Encuarentena

Blues tradicional do Palique (42)

Blues tradicional do Palique (42) O Blues Tradicional do Palique chámase así porque efectivamente é un blues, é tradicional e é do Palique. Trátase de amosar como a tradición popular pode viaxar sen demasiado esforzo de Chicago ás Pontes e das Pontes á Chicago, sen que se coñeza moi ben onde acaba o blues e onde comeza a cantiga. Todo é música para bailar e disfrutar. Coma dixo o outro: "O que non é tradición é plaxio". A banda responsable deste blues tradicional chámase Encuarentena. Eles son César Candelas, Victor Meizoso, Pepe Paz, Xan Pérez e Miguel Anxo Varela.

Cómo chove miudiño, como se espeta no chan (bis)
Cómo baila a muiñeira a muller do meu irmán.

Toma cego esta limosna e non me tome-la man (bis)
Perdoe, miña señora, pensei que todo era pan

Oliñas veñen, oliñas veñen e van (bis)
Non te vaias, rianxeira, que tes vas a marear

Non te cases co ferreiro que ten moito que lavar (bis)
Cásate co mariñeiro que ven lavado do mar

A muller que é caladiña e non di mal de ninguén (bis)
Canto máis baixiño mira, cantos máis amores ten

Como chove miudiño...


0 votos

13 Comentario(s)

dubi - 21/06/2008 01:51

dubi  Estou orgulloso de poder ser o 1º en votar a esta xente!!! Un saudo, e vémonos!!

oh_my_gz - 22/06/2008 12:15

oh_my_gz  aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa encantame!!!!!!!!!!!! é xenial!! sorte!!

dpedra - 24/06/2008 09:16

dpedra  Catro.Veña !veña! a polo jit. Como chove miudiño,comose espeta no channnnnnn.........

DALAILAMA - 24/06/2008 09:43

DALAILAMA  Eu vin un par de concertos destes rapaces e teñen un directo total de rock´roll. Non dubidedes en poder asistir a unha das súas postas en escea. Chegarán lonxe. Sorte, amigos.

lavado - 24/06/2008 12:44

lavado  xa se poden piratear no emule?

TheCanhas - 24/06/2008 01:42

TheCanhas  No emule non sei...eu prefiro velos en directo, sempre que se poda!!! e ademais teño preparado un boliño quente para propoñervos en septembro!

Pacosan - 24/06/2008 10:15

Pacosan  Non vaia ser o demo e que Cesar pase lista, e non me atope nela.

lolyp - 25/06/2008 12:25

lolyp  Voto por vos, e voto porque fagades un concerto en unha fecha que poida ir eu a velo! A ver si en setembro... Un bico grande.

mcande - 26/06/2008 01:17

mcande  Eu son o irmán da muller que baila a muiñeira. E cómo!

xan1 - 26/06/2008 02:25

xan1  Buah, peazo canción, i en directo soan moi ben. Manda orellas q algúns levan pouqiño tempo tocando os instrumentos, pero está ben. Oxalá teñan sorte e tal...

lakelly - 03/07/2008 12:14

lakelly  Non sei se daremos atrapado ós de Trapallada pero por min que non quede. Luchy, Suso, xa votei. Biquiños.

KBS - 30/07/2008 07:49

KBS  Podes ver o video clip Os dous amigos de Roger de Flor en (www.asmuxicas.com)

boyelliott - 05/08/2008 03:04

boyelliott  Xa temos video clip http://www.myspace.com/boyelliott