A mesa de redacción anda espallada celebrando estas datas coas súas familias. Mentres tanto, podedes descargar o último número de Irimia, para que vexades como é a edición en papel.
Saúdos a tod@s e feliz 2009.
Achegamos o manifesto das Redes Cristiás, ante a oposición do Vaticano á despenalización universal da homosexualidade como delicto.
Rebelarse contra as desfeitas que a Administración está a provocar ou a consentir no litoral, como por exemplo o Plan de Acuicultura, é cousa de loar. Pero se un grupo de veciños e veciñas, ademais de protestaren e resistiren, van construíndo modos de traballar e de asociarse que demostran que é posible estar e quedarse aquí e que é posible outro modo de vivir, daquela, esa xente no só predica, senón que tamén dá trigo, ou, o que é o mesmo, esa xente denuncia a inxustiza ao tempo que nos anuncia un futuro diferente. Pasamos unha mañá con Xosé Manuel Casais González, presidente do movemento veciñal de Quilmas.
Érase unha vez un lobiño bo a quen maltrataban todos os cordeiros. Había tamén un príncipe malo, unha bruxa fermosa e un pirata honrado. Todas estas cousas había unha vez, cando eu soñaba un mundo do revés. J.A. Goytisolo.
Hai uns días fun a un concerto de Paco Ibáñez. Unha das pezas que cantou foi “O lobiño bo”, texto que atopou dende a primeira vez que o lin un oquiño no meu corazón. E a partir deste lobiño bo, do príncipe malo, da bruxa fermosa e do pirata honrado, deume a min tamén por imaxinar un mundo do revés.
Querido Barack Obama:
Non son máis que un pobre franciscano perdido entre espiños e penas que ás veces florecen. Pero a inmensa onda de simpatía planetaria que vostede espertou arrástrame tamén a min e permítome escribirlle. Saiba que tamén os paporroibos de Arantzazu lle cantan marabillosamente, como só cantan cando o outono é máis fermoso. Barack Obama, gústanos o seu nome. Obama é un nome redondo, énchenos a boca e a alma. Sóanos a queixa e canto da África ancestral, e neles recoñecemos as nosas orixes humanas. E Barack é un nome árabe que significa "bendito" ou "bendición" ou "sorte". Barack Obama: que fermoso é o seu nome!
Que é unha crise capitalista?
Vexamos en primeiro lugar o que non é unha crise capitalista:
Que haxa 950 millóns de famentos en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
Que haxa 4.750 millóns de pobres en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
Que haxa 1.000 millóns de desempregados en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
Que máis do 50% da poboación mundial activa estea subempregada ou traballe en precario, iso non é unha crise capitalista. [...]
Traducido de La Jiribilla. Revista cultural cubana. Nº 391